También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

RIBADEO | Reunión del grupo local de apoyo a AGE

O vindeiro xoves día sete de marzo ás oito da tarde o Grupo Local de apoio a Alternativa Galega de Esquerda (AGE) celebrará unha xuntanza na cafetería O Cantón. Nela van falar do traballo levado até agora polo grupo parlamentario da formación, da situación de AGE na comarca e tamén da posibilidade plantexada nos medios de formar unha candidatura cara ás eleccións municipais do ano 2015. En calquera caso, o obxectivo fundamental da xuntanza é comezar a deseñar un plan de traballo cara ao futuro, que inclúa propostas de desenvolvemento específicas para Ribadeo e a Mariña coherentes cos principios de AGE, de participación, igualdade, sustentabilidade social e ambiental e garantía e mellora dos servizos públicos. Lémbrase á veciñanza de Ribadeo e dos restantes concellos da Mariña que as xuntanzas deste grupo son sempre abertas a todas as persoas que queiran participar nelas.

Lo más visto