• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | La Ministra de Fomento, Ana Pastor, estará el sábado en Ribadeo para presentar un sello conmemorativo del 25 aniversairo del Puente de los Santos

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Cine Teatro acollerá o vindeiro sábado, 4 de maio, a presentación dun selo da Ponte dos Santos editado por Correos. O acto contará coa presenza do presidente deste organisrmo, Javier Cuesta, e da ministra de Fomento, Ana Pastor. O rexedor, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello de Ribadeo valoramos positivamente este acto que vai ter lugar este vindeiro sábado aquí, en Ribadeo. Trátase da presentación pública deste selo que o servizo de Correos estatal vai presentar e onde reflexa a Ponte dos Santos, esta infraestrutura tan importante, que tanto supuxo para Asturias e para Galicia, que une Ribadeo con Castropol sobre a ría de Ribadeo”. Suárez Barcia sinalou que “este acto no que tivo unha implicación moi importante Víctor Calvo-Sotelo e que se celebrará este sábado ás once da mañá no Teatro de Ribadeo e que desde logo é aberto a todo o público que queira asistir e aparte de contar coa asistencia do presidente de Correos do Estado estará tamén a ministra de Fomento, Ana Pastor”. E engadiu que “aquí, en Ribadeo, é unha presenza desexada sobre todo polas infraestruturas pendentes que temos demandado toda a Corporación Municipal de maneira unánime, como son un acceso intermedio na circunvalación, neste vial tan importante pero que ten moito menos uso do que podería ter no caso de contar cun enlace que permitira que a estrada da Deputación que ven das parroquias do interior puidera ter acceso directo, sobre todo polos camións de madeira que saen das parroquias do interior; así como tamén dunha nova saída da autovía A-8 en Ribadeo á altura das rotondas de Vilaselán en sentido Asturias, que tamén o Congreso dos Deputados xa hai tres ou catro anos se ten pronunciado de maneira unánime en favor desta saída inexistente polo momento”. O alcalde ribadense subliñou que “é polo tanto importante a presenza da ministra polo acto en si e tamén polo que entendemos que é un compromiso que o Ministerio de Fomento ten e terá con Ribadeo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar