• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | "Los poderes que sustenetan la violencia machista" será el tema central de la VI Jornada Formativa sobre la violencia de género que se celebrarán los días 19 y 20 de abril

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Na presentación a edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, e a directora do CIM, Luisa González, explicaron que “nos tempos actuais de recortes e crise sistémica faise máis patente a necesidade de formarnos e de ter espazos de encontro e reflexión para partillar cómo atallar esta problemática. Este ano queremos centrarnos nos poderes estruturais que dificultan e impiden o avance  das políticas dirixidas a eliminar a violencia machista. Os diferentes poderes (o  económico, o xudicial, o político )  a  través do mercado laboral, das leis, dos medios de comunicación, da publicidade sustentan con formas máis sutís o actual  sistema patriarcal.  E ao tempo,  emerxen novas formas de violencia cara ás mulleres, como a violencia sexual pola inxesta de sustancias químicas ou a violencia dixital”.

A concelleira nacionalista sinalou que “a violencia sexista segue a existir e cada vez son máis as complicacións que teñen as mulleres para poder denunciar. Hoxe en día se está a ver que existe un retroceso dun 10% con respecto a outros anos, cando segue a haber mulleres vítimas de violencia de xénero”. 

Nas ponencias, que dará comezo, o 19 de abril ás 17 horas abordaranse cuestións coma as desigualdades no ámbito laboral; a reforma da xustiza penal a debate, o dereito ante a violencia machista contra as mulleres, avances e retrosesos; o control e poder das redes sociais e a novas formas de sexismo que se practican nas mesmas; o poder da sexualidade, unha manifestación da violencia de xénero oculta; e as novas formas de violencia contra as mulleres.

Ademais de charlas haberá a proxección do spot da campaña Igualámonos. E presentaranse: o trivial feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade e a páxina web: www.noseaspresadelatalla.com da Federación de Mujeres Jóvenes.

Álvarez Lastra indicou que “un ano máis o ente organizador destas xornada, a  Comisión  Interinstitucional de Violencia de  Xénero, quere poñer ao alcance de todas as persoas novos elementos de debate e reflexión para divisar un futuro esperanzador para esa metade da humanidade, para as mulleres, mozas e nenas”.

A xornada de abordaxe integral da violencia de xénero está destinada a  profesionais que traballan a violencia de xénero  en calquera das súas dimensións, desde profesionais dos servizos sociais, técnicas/os de igualdade, avogadas/os, educadores/as familiares, profesorado, axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, persoal sanitario, persoas que integran as asociacións de mulleres e asociacións en xeral, persoal técnico das administracións, responsables políticos, alumnado… e calquera persoa interesada no tema.

A inscrición estará aberta ata o vindeiro 19 de abril pola mañá. A matrícula, que é gratuíta, poderá formalizarse persoalmente enviando a folla de inscrición debidamente cumprimentada por correo ordinario, por fax ao 982 120 888 ou por correo electrónico a cim@ribadeo.org.

A VI Xornada formativa de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local desenvolverase no Cine Teatro de Ribadeo. A cita está organizada polo Concello de Ribadeo e o CIM e colaboran a Secretaría Xeral de Igualdade, o Fondo Social Europeo e a Deputación Provincial de Lugo.

 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar