• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | La escuela municipal de música y danza cierra el sábado 22 de junio un curso de cine

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2012/13. Faráo de xeito oficial este sábado, a partir das 18:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso, que nesta ocasión está dedicado ás bandas sonoras dun feixe de películas que, a bo seguro, non pasarán desapercibidas para o público asistente. “Seguimos o camiño iniciado nos últimos anos de realizar festivais temáticos porque funcionan moi ben a nivel musical e permiten moita versatilidade á hora de traballar coas agrupacións”, sinala Hugo García Presno, director do centro. Desta volta a temática escollida é a cinematográfica. As diferentes agrupacións que pasarán polo escenario do auditorio municipal Hernán Naval interpretarán música das bandas sonoras de filmes como El Rey León, La Sirenita, Chicago, Indiana Jones, etc. “Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concebido para que o disfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nos decorados, nas presentacións…”, apunta Hugo García. O director do centro valora de maneira moi positiva o curso 2012-2013 e “considera que é preciso seguir traballando tal e como o vimos facendo ata o de agora para manter e aumentar o nivel formativo e máis a calidade das actividades que organizamos”. Antes de pechar o mes de xullo, a EMMeD de Ribadeo celebrará unha xornada de portas abertas na que o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no mesmo, incluíndo unha pequena clase práctica. Será os días 26 e 27 de xuño entre as 16:00 e as 20:00.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar