• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

¿Qué intereses defiende la Plataforma Sanitaria? pregunta que se hacen desde el PP burelés

Los populares salen así al paso de las declaraciones de la Plataforma, dap que “parece que los integrantes de la Plataforma o no saben lo que quieren, o defienden intereses particulares”. Desde el PP reiteran que el anuncio de Feijóo sobre la ampliación del Hospital da Costa “fue claro”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O PP de Burela considera que “a estas persoas non lles vale nada, nin a ampliación do hospital, nin área de xestión así ou área de xestión de outra maneira, nin tan siquera lles valería un hospital novo se fose posible, porque é evidente que se moven por intereses políticos e porque varias persoas que compoñen a súa dirección defenden exclusivamente o seu estatus persoal. Teñen que explicarlle á cidadanía por qué defenden os seus estatus persoais”. Segundo o PP, “o anuncio de Feijoo foi claro, ‘licitar o proxecto constructivo da ampliación do Hospital neste mes de marzo’. Se Feijoo anunciou na campaña electoral o seu compromiso co Hospital, o pasado sábado dixo que ía ‘blindar os servicios sanitarios da Mariña e do Hospital’, precisamente coa ampliación do Hospital. E esto ós señores e señoras da denominada plataforma non lles gusta. Pois nós pedímoslles que digan claramente porqué non lles gusta, porque os  cidadáns está claro que sí queren a ampliación do Hospital, e que o primeiro paso está dado co anuncio do Presidente da Xunta que se concretará en breve”. No que se refire ás provocacións, “resulta evidente que os insultos con calificativos de ‘asasino’, ‘chorizo’, e outras lindezas como lembrarse da familia de algúns asistentes ó congreso do PP, así como o lanzamento de ovos, tomates, etc., sairon de grupos de asistentes á concentración vinculados cos denominados partidos ‘progresistas’. Se a denominada plataforma fose seria, ademais de ter un servicio de orden rigoroso, e non cinco, como dixeron que tiñan, o que é unha auténtica farsa, condenaría inmediatamente tales conductas, mostra de agresividade verbal e física, e non atacaría a acción das forzas de seguridade, que se limitaron a garantir os dereitos de manifestación e de reunión”. Ademais, desde o PP de Burela afirman que “membros da denominada plataforma estiveron calados e vivindo ben, cobrando bos soldos e traballando pouco, durante a xunta bipartita, e nada dixeron naqueles catro anos sobre a ampliación do Hospital. Resulta mui sospechoso que agora se convirtan en defensores da ampliación”. Finalmente, “o daño á economía local foi real, o que se manifesta logo de ter falado con donos de locais de hostelería. Outra cousa é que algún destes  señores sexan capaces a velo, cando son coñecidos por formar parte dos piquetes que folga tras folga se encargan de intimidar e amenazar ós comercios e bares para que pechen”.   

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar