También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela |

Precisan una guardería y ya han aprobado la compra del terreno

En el BNG entienden que el PP utiliza la Escuela Infantil como pretexto para la modificación de las condiciones del préstamo y para ocultar su “incompetencia” en la gestión municipal; en clara alusión a los 40.000 euros que los vecinos pagarán de más por el crédito de pago a proveedores. Los populares entienden que Burela necesita una guardería poruqe hay 21 niños en lista de espera.

De 

Burela precisa unha nova gardería porque na actualidade hai 21 nen@s en lista de espera para acceder a unha praza na actual escola infantil. No pleno celebrado hoxe no Concello aprobouse a adquisición do terreo no que se construirá esa infraestrutura. O alcalde, José Mª González Barcia, pensa que esta é unha boa forma de asentar poboación en Burela e de crear emprego. Na sesión desta mañá tamén se aprobaron modificacións no crédito de pago a provedores. O rexedor contou que “no pleno extraordinario celebrado no día de hoxe quedou aprobada a solicitude ao goberno central para modificar as condicións financieiras do crédito que tivemos que solicitar no seu día para facer fronte ao pago de 1.300.000 euros en facturas, que o bipartito burelés deixou sen pagar e tamén sen consignación presupostaria. Ata o de agora estamos a pagar un 5’57% de intereses e a partir de agora pagaremos un 4’2%, co cal as condicións son bastante ventaxosas para o Concello. A parte diso o período de carencia que era de dous anos pasa a tres anos, e así liberamos algo máis de 120.000 euros para poder facer algún tipo de investimento, coma por exemplo poder acometer a parte que nos toca da gardería infantil”. González Barcia explicou que “o PSOE e o Grupo Mixto votaron en contra aludindo a que hai unha terceira opción que é máis ventaxosa para o Concello porque se pagarían menos intereses. Efectivamente si nós optásemos por esa solución aforraríamos no conxunto dos 10 anos aproximadamente uns 35.000 euros, pero non disporíamos desta cantidade de algo máis de 120.000 euros para facerlles fronte a esas actuacións que nós queremos levar a cabo”. O alcalde subliñou que “as conclusións se melloran substancialmente e nos permite xerar unha liquidez da que antes non podíamos dispoñer. O PSOE e o Grupo Mixto opóñense a que o Concello goce desta liquidez. Esta postura resulta un pouco chocante porque o crédito houbo que pedilo pola súa culpa, para facerlle fronte ás facturas que eles deixaron sen pagar. E agora que traemos unha proposta de modificación das condicións financieiras para melloralas, beneficiando aos veciños de Burela no seu conxunto e ao mesmo tempo xerar liquidez para poder abordar unha obra necesaria para Burela como é a gardería votan en contra. Alá eles coa súa irresponsabilidade”. O segundo punto da orde do día deste pleno extraordinario foi o relativo á adquisición do solar no que se vai construír a nova gardería. “E aquí o que si que foi a auténtica cerimonia da confusión por parte dos grupos da oposición porque demostraron unha absoluta ignorancia nalgunhas cuestións tan fundamentais coma o plan xeral de ordenación municipal de Burela. No PXOM hai solo dotacional en Vista Alegre e nos Castros, ademais de outras zonas que aparecen en certos puntos do noso casco urbano. O Concello de Burela só dispón de solares propios na unidade de actuación de Torrentes, pero eses solares en base á ordenanza só se permite neles unha edificación pechada, polo tanto non é solo dotacional. Entón si queremos facer a gardería o Concello ten que conseguir solo dotacional e ese solo ten propietarios, co que teremos que negociar cos propietarios”, seguiu a relatar o alcalde. Críticas ao PSOE González Barcia entende que “a solución que nos adoptamos é boa e positiva e o que non entendemos é que o señor Llano empezase a sementar dúbidas sobre a legalidade e a transparencia do que estamos a facer. Penso que este señor debería ser bastante máis cauto co que di, e si alguén ten algunha sombra de dúbida sobre algún procedemento administrativo ou legal que se estea a seguir desde o Concello xa sabe o que ten que facer”. E engadiu: “o que non lle imos permitir ao señor Llano baixo ningún concepto é que veña aos plenos do Concello a dicirnos un día si e outro tamén, a insinuar un día si e outro tamén que pode haber cousas escuras, cando encima é mentira e o señor Llano demostrou unha ignorancia absoluta porque non sabía canto custa o solar que se vai adquirir para a gardería e tampouco sabía en canto sae o solar que o Concello pon á venda en Torrentes. Iso sí, o que dixo é que as cantidades son iguais, pero resulta que hai unha diferenza de 45.000 euros. A este señor hai que dicirlle que teña máis coidado co que di, porque senón igual imos ser nosoutros os que vaiamos a onde hai que ir para que alguén lle diga que non se poden levantar insidias e sospeitas, pleno si e pleno tamén. O que lle pedimos é un certo grao de responsabilidade e que cando veña aos plenos traia os asuntos preparados, porque o que demostrou hoxe foi unha absoluta ignorancia sobre os asuntos que se estaban a tratar”. O alcalde de Burela criticou a falla de alternativas do PSOE e dixo que “a partires de agora o procedemento sigue para adiante porque hai lista de espera na gardería de Burela, hai 21 nenos en lista de espera, e sabemos que hai pais que nin tan siquera inscriben aos seus fillos na gardería porque saben que van quedar fora. O feito de crear unha nova escola infantil se debe a que hai necesidade deste servizo e nós entendemos que hai que asentar poboación en Burela e xerar postos de traballo e isto é unha boa alternativa para facelo”. González Barcia manifestou que “agora hai que anunciar no DOG o acordo adoptado polo Concello hoxe, a compra do terreo, e despois cando acabe o prazo de exposición pública redáctase o acta de ocupación da finca e ordénase o pago pertinente ao seu propietario”. Os veciños e veciñas de Burela pagarán 40.000 € máis polo préstamo para o pagamento a provedores, debido á mala xestión do Goberno do PP. Burela, 12 de xuño de 2014. No pleno urxente celebrado hoxe en Burela, aprobouse cos votos do PP, unha modificación das condicións do préstamo para o pagamento a provedores que suporá perder un aforro de 40.000 € para as arcas municipais. Deste xeito, os veciños e veciñas de Burela terán que pagar máis por un préstamo que solicitou o PP en 2012 e que agora non vai comezar a amortizar ata agosto de 2015, ao ampliar o período de carencia dos 2 aos 3 anos. Perfecta maniobra para o Goberno do PP, que deixa para despois das eleccións municipais de 2015 a amortización do capital que adebeda ás entidades bancarias para o pagamento a provedores. O concelleiro do BNG, Mario Pillado, votou en contra desta proposta “por ser claramente contraria ao interese xeral do conxunto dos veciños e veciñas e por entender que é unha fuxida cara adiante do equipo de goberno”. O PP, co Sr. González Barcia á cabeza, optou irresponsabelmente pola ampliación do período de carencia nun ano, adiando a amortización do préstamo ata 2015, que suporá un aforro de só 24.426 € en troca do endurecemento das condicións impostas pola Administración Central, como o aumento da carga impositiva e a redución do gasto público.” Pillado apuntou que “o Concello podería optar por unha terceira opción na que se reducían os tipos de xuro en 140 pontos básicos e que suporía un aforro total de 63.404 €”. Engadiu que “deste xeito, o Concello vai deixar de aforrar case 40.000 € pola mala xestión do PP, co Sr. Barcia como máximo responsábel desta nefasta operación.” O PP utiliza a Escola Infantil como pretexto para a modificación das condicións do préstamo e para ocultar a súa incompetencia na xestión municipal. A só un ano das eleccións municipais, esgótase o tempo para que o PP cumpra coas medidas estrela do seu programa eleitoral, entre as que estaba a construción dunha nova Escola Infantil en Burela. Despois do convenio asinado coa Xunta en 2012, o Goberno Municipal aínda non destinou ningunha partida a esta obra. Mediante convenio subscrito coa Xunta de Galiza en 2012, o Concello comprometíase a aportar o 40% do total da obra e ceder os terreos para a construción da Escola Infantil, tendo que aportar xa en 2013 un total de 116.000 € e que a día de hoxe aínda non se concretaron en ningunha actuación. Con este panorama, o PP opta por proceder á modificación das condicións do préstamo, adiando a súa amortización coa excusa de destinar este remanente á Escola Infantil. En palabras do portavoz nacionalista Mario Pillado, “esta medida é froito da improvisación absoluta e da falta de previsión do equipo de goberno, que debería ter consignada unha partida económica nos orzamentos deste ano para a construción da Escola Infantil.” Outra das propostas aprobadas polo PP no pleno municipal, foi a expropiación dun terreo nas cercanías de ECCESA por valor de 90.000 € para a construción da escola infantil. O grupo municipal do BNG tamén votou en contra desta medida, ao entender que o propio Concello dispón de terreos municipais que se poderían empregar para a construción das instalacións. Coa compra de terreos a particulares, o Concello terá que asumir non só o 40% da obra, senón que tamén terá que destinar 90.000 € para a adquisición destes terreos, e que suporán na práctica máis de 200.000 € que sairán das arcas municipais para a construción da escola infantil. Pillado concluiu que “o PP está a facer unha pésima xestión do Concello, como queda demostrado pola incapacidade para conseguir fondos de outras adminastracións para a construción da Escola Infantil e pola falta de previsión na elaboración dos orzamentos municipais.” Noutra orde de cousas, o voceiro municipal nacionalista lamentou os malos modos, as descalificacións, os insultos gratuitos e os berros cos que o alcalde o agasallou na parte final do pleno, vista a negativa do representante do BNG a votar a favor das propostas da alcaldía. Pillado cre que “podemos opinar e ter ideas diferentes, pero non se pode faltar ó respeto e perder as formas desa maneira, pois tódolos que ocupaban a casa consistorial nese intre viviron a ingrata sorpresa desa escena final do pleno”.

Lo más visto