• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | En 123 puertos realizan la recogida selectiva

Portos de Galicia ratifica su compromiso con la gestión ambiental portuaria

El presidente de la entidad portuaria, José Juan Durán, ha comprobado junto a la delegada territorial de la Xunta, Raquel Arias y el alcalde de Burela, José María González Barcia, la rentabilidad de los proyectos internacionales SuPorts, 3R-Fish, NEA2 e Netmar, centrados en el desarrollo sostenible de las dársenas.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Así o puxo de manifesto o presidente do ente público, José Juan Durán, quen, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participou na reunión de balance dos programas internacionais SuPorts, 3R-Fish, NEA2 e Netmar, celebrada esta mañá no porto de Burela. Ante unha vintena de técnicos e axentes do sector, Durán remarcou a importancia de colaborar e participar activamente nestas iniciativas, que permiten combinar o mellor aproveitamento económico das instalacións portuarias e a súa sostibilidade dende o punto de vista ambiental. Así mesmo, lembrou que os programas referenciados atenden tanto aos aspectos preventivos, como ao mantemento das instalacións e á capacidade de resposta dos xestores portuarios ante incidencias ambientais. Durante o encontro, os técnicos de Portos de Galicia explicaron o papel que a Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do ente público, está a desenvolver en cada un destes programas. Así, no relativo ao proxecto SuPorts Interreg IV C, vixente ata mediados deste ano, Portos de Galicia foi elixido coordinador para o desenvolvemento de ferramentas para a xestión ambiental dos portos locais. Para tal fin, o ente público elaborou un manual de boas prácticas nas decisións relacionadas co medioambiente. Ademais, organizou, en novembro de 2011, a Conferencia anual do proxecto SuPorts, na que estiveron presentes representantes de seis países participantes. En canto ao programa Netmar Interreg IV B Espacio Atlántico, avalía a capacidade de resposta dos medios e protocolos existentes ante accidentes e incidentes marítimos. Neste caso, Portos de Galicia participa na organización de demostracións e exercicios de tres tipos: en portos con poblacións próximas, en rías e en mar aberto. Nas demostracións avalíanse os vehículos, sistemas de sensores para a vixilancia marítima e a seguridade e outro tipo de ferramentas e tecnoloxías. Polo que respecta ao NEA2 Interreg IV B Espacio Atlántico, atópase actualmente en fase de peche administrativo, unha vez finalizada a súa execución. A través del desenvolvéronse medidas para contribuir á obtención dos distintivos Bandeira Azul para os peiraos de titularidade autonómica. O traballo neste ámbito traduciuse na obtención de 14 bandeiras o pasado verán para os clubes náuticos de Portosín, Ares, Ribeira, Sada, Cabo de Cruz,  Camariñas, Vilanova de Arousa, Pedras Negras (O Grove), Juan Carlos I de Sanxenxo, Porto Deportivo de Baiona e Monte Real Club de Iates  de Baiona, Portonovo, Combarro e Ribadeo. Finalmente, en canto ao 3R-Fish Life+, atópase tamén en fase de peche administrativo, rematada xa a súa execución. Neste caso, Portos de Galicia participou no desenvolvemento dun sistema de xestión e reciclaxe de residuos portuarios. Trala realización de experiencias piloto en Burela e Ribeira e comprobada a súa viabilidade, estase a realizar a recollida selectiva destes residuos e entrega a un xestor autorizado nos 123 portos autonómicos.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar