También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo |

Pleno el martes 27 de enro a las 20:00 horas para aprobar una modificación de crédito por valor de 150.000 euros

El Ayuntamiento de Ribadeo destinará los 150.000 euros a la redacción del Plan Especial de Las Catedrales, adquisición de cubrecontenedores y a obras en el cementerio, caminos y calles. Una de las calles que se beneficiarán de las obras será la  paralela a la línea de FEVE entre la carretera de la  Diputación y la Avenida de la Ría de Ribade

O rexedor, Fernando Suárez, explicou que “nas comisións informativas previas ao pleno ordinario que terá lugar o vindeiro martes e onde hai un punto que nos parece de especial importancia. Trátase dunha modificación de crédito, dado que como aprobamos en tempo e forma os orzamentos de 2015 no ano pasado agora, e diante de situacións repentinas por mor de cambios do Ministerio de Economía de Facenda de cara ás comunidades autónomas e os Concellos, exímennos de amortizar este ano intereses de débeda de préstamos pendentes. E imos empregar ese diñeiro, uns 150.000 euros, en actuacións que non se deben demorar e que teñen un certo carácter de urxencia”. Suárez Barcia dixo que “atendemos a moitas cuestións que os grupos da Corporación nos estaban a solicitar e a outras que nos parecen moi interesantes. Imos destinar parte deses cartos para a licitación da redacción do plan especial das Catedrais. Despois da aprobación do PXOM, de Ribadeo, hai máis ou menos dous meses e dentro dos múltiples apartados que inclúe estaba que o Concello ten que elaborar un plan especial de conservación de toda esa área, dunha área moito máis ampla que na que está a actuar a Xunta nestes últimos tempos. Son 54 hectáreas e non queremos demorar nin un só día para que Ribadeo conte con ese plan de ordenación, que debe someterse tamén ás instrucións da Xunta, pero que determinará moitas cousas que ata o de agora eran obxecto de debate”. O alcalde ribadense subliñou que “seguimos traballando e dando pasos en firme desde o Concello de Ribadeo cando temos a legalidade da nosa parte e cando temos a oportunidade económica tamén da nosa parte”. Desa modificación de crédito de 150.000 euros, unha parte irá destinada a obras de reposición e urbanización de rúas: “queremos contribuír a amañar un vieiro que está paralelo á vía de Feve, que comunica a estrada da Deputación coa avenida da Ría de Ribadeo, que é moi frecuentado polos camións de madeira do interior das parroquias. E xa que o Ministerio de Fomento a día de hoxe non ten elaborado absolutamente nada a pesares dos seus compromisos para facer un acceso á circunvalación e os vehículos da carga que saen das parroquias do interior utilizan moito esta vía, que se atopa nun estado moi malo, é necesario darlle unha nova capa de aglomerado asfáltico, e iso queremos facer”. Fernando Suárez sinalou que “tamén imos destinar uns recursos para a adquisición de cubrecontedores e para a realización de obras menores no cemiterio municipal, pero que son moi importantes. E tamén ao mesmo tempo e en vista das chuvias dos últimos meses, que estragaron diversos camiños de titularidade municipal, queremos ampliar as partidas económicas para este fin e así poder actuar da mellor maneira posible e canto antes”. No pleno do martes tamén se abordará unha moción do equipo de goberno, do BNG, “sobre a necesidade dunha tarifa eléctrica galega. Galicia, de por sí tristemente é exportadora neta de electricidade, pero é dos territorios do Estado onde máis cara se paga a electricidade. Polo tanto queremos que o pleno da Corporación se pronuncie a favor dunha tarifa eléctrica galega”.