También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo | Moñita ha respondido unas declaraciones del gobierno local sobre el ente provincial

Pedreira: "es sospechoso que le presidente de una plataforma contra los abusos de las eléctricas hable por la Diputación"

El gobienro municipal de Cervo había realizado unas declaraciones sobre la mala gestión eléctrica de la Diputación, incluso que tenía una deuda con el ayuntamiento; a las sque ha respondido José Luís Moñita, presidente de la Plataforma contra los Abusos de las Eléctricas.  La edil de hacienda, Yolanda Pedreira, consiodera que cuando una administración se refiere a otra, es la administración aludida la que debe responder, no un particular. Pedreira piensa que Moñita puene tener anhelos políticos “pero en este caso, no puede utilizar la presidsencia de una plataforma para sus fines particulares”

De 

A edil de Facenda, Yolanda Pedreira, manifestou a súa sorpresa ante as declaracións do presidente da Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico, José Luis Moñita, que respondeu a unhas críticas do goberno local de Cervo contra a Deputación. Pedreira considera “moi sospeitoso que un particular fale pola Deputación e saia na defensa dos intereses dunha administración da que, queremos pensar, non forma parte”. A edil explica que o goberno local denunciara en días pasados a mala xestión eléctrica da Deputación, que se ofrecera a ocuparse da contratación do subministro eléctrico do Concello e que, despois dun ano de espera, renunciou a facelo. “Nós en todo momento falamos da Deputación nunha mensaxe política dirixida a esta administración” engade Pedreira. “Por iso non entendemos por que o señor Moñita sae a rebater estas declaracións, algo que debería facer a Deputación” explica a edil. Pedreira insiste en que esa era unha “demanda política que lanzaba unha administración local, o Concello de Cervo, a outra administración, a Deputación, e que ela mesma se podía defender”. Aínda así, a delegada de Facenda é consciente de que neste asunto “a Deputación pouco podía dicir, porque sabe que actuou mal, comprometéndose a prestar un servizo de contratación eléctrica conxunto para todos os concellos da provincia que non foi quen de levar adiante e que, no noso caso, provocounos un dano económico de máis de 7.000 euros”.   Aínda así, a responsable de Facenda asegura que “esta non é a primeira vez que o señor Moñita nos dá a entender que os seus intereses son partidistas e parece que o que busca é facer carreira política”. Pedreira explica como durante o último pleno da corporación de Cervo, o presidente da plataforma estivo “asesorando aos grupos da oposición”. Por todo iso, a edil asegura que o señor Moñita “debería abandonar a presidencia da plataforma para dedicarse á política, que segundo parece é un dos seus obxectivos”. Unha suxestión que Pedreira fai pensando “no ben dos seus socios e da plataforma en si, que é moi lícita e positiva por defender os dereitos dos consumidores”. A edil asegura que “é unha mágoa que o presidente da plataforma utilice a visibilidade que lle dá ese posto para facer méritos políticos” e quere deixar claro que as súas declaracións “diríxense unicamente ao señor José Luis Moñita e en ningún caso contra unha plataforma totalmente beneficiosa e que está facendo unha boa labor de asesoramento aos cidadáns”.         

Lo más visto