• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MONDOÑEDO | El PP pide agilidad y compromiso al equipo de gobierno para dar impulso al PGOM en la localidad y someterlo a la aprobación provisional

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo esíxelle ao goberno municipal maior axilidade a hora de asumir o seu compromiso de dar impulso ao PXOM e garantir desta maneira que a localidade conte cunha ferramenta indispensable, sobre todo no rural. Os populares lembran que o equipo de goberno se comprometera no mes de agosto  a someter a pleno a aprobación provincial do PXOM, unha responsabilidade que se viu na obriga de incumprir por un erro claro do bipartito que non solicitou en tempo e forma a tramitación de avaliación ambiental estratéxica, un requisito indispensable. Dada esta situación, o alcalde mindoniense que contaba no seu poder co Plan dende o ano 2010, retrasou o sometemento a aprobación provisional do PXOM e tras unha proposta do Grupo Popular local, remitiu con data 3 de outubro de 2012 á Xunta de Galicia un oficio no que solicitaba a declaración de inviabilidade de sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal ao procedemento de avaliación ambiental. Os populares agradecen a dilixencia coa que está a colaborar a Administración autonómica para que o PXOM sexa unha realidade en Mondoñedo, así como a axilidade coa que responderon ao escrito remitido polo bipartito. A Xunta de Galicia tras estudar a documentación aportada do Plan requiriron ao concello, a través dun escrito con data 5 de novembro de 2012, e que entra no consistorio o 19 de decembro, a documentación completa do Plan, unha vez integradas todas as consideracións expostas pola administración autonómica, para que o órgano competente da Xunta de Galicia emita o correspondente informe favorable sobre a súa correcta integración. Dous meses despois de recibir este requirimento, o bipartito local segue sen dar resposta a Administración autonómica o que pon de manifesto que a “falta de compromiso, de traballo e de planificación evidente” do bipartito están a privar aos veciños de ter o PXOM. Os populares aseguran que as preocupacións do equipo de goberno distan bastante das preocupacións dos mindonienses e as actitudes que reflexan son mostras claras de tal afirmación.  Coñecedores dos problemas que xera a non existencia desta ferramenta indispensable, sobre todo no rural, os populares esíxenlle ao bipartito unha actitude “construtiva e responsable”, evitando que “novos erros e a deixadez de funcións do equipo de goberno ralenticen que o PXOM sexa unha realidade” Ante este feito, o PP busca estar ao lado dos veciños e manterá o seu compromiso de información.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar