• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Los vecinos de Rúa ya pueden circular por los caminos recién acondicionados de Lombas y Curuxeiras

El Ayuntamiento de Cervo con esta actuación ha asfaltado 1.500 metros de firme en la parroquia de Rúa, con una inversión de 48.000 euros

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O Concello anuncia que xa están de novo abertos á circulación dous camiños da parroquia de Rúa que foron acondicionados. En concreto, as obras de mellora acometéronse no camiño das Lombas e no de Curuxeiras. Uns traballos que eran necesarios para mellorar o estado destas dúas vías que unen varios núcleos da parroquia e que, polo tanto, son de uso habitual por parte dos veciños. No caso do camiño das Lombas foron acondicionados uns 700 metros de vía e no de Curuxeiras uns 800 metros. Unhas obras que forman parte do Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal que financia a Xunta de Galicia e no que investiu, no caso do Concello de Cervo, uns 48.000 euros. Un plan no que tamén se incluíu a obra para habilitar un camiño peonil que une a residencia da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña co núcleo de Cervo, e que xa entrou en funcionamento. Estas obras forman parte dun proxecto máis amplo co que o Concello de Cervo pretende mellorar os camiños municipais e que abarca todas as parroquias.   O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil Yolanda Pedreira, o pedáneo da parroquia e técnicos municipais comprobaron hoxe a finalización destas obras.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar