• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Hoy llega a Burela el nuevo gerente, acompañado de la Conselleira de Sanidad

- La Conselleira de Sanidad, Rocío Mosquera Álvarez, presidirá hoy a la una de la tarde la presentación de Francisco Soriano como nuevo gerente del Hospital da Costa - Los socialistas de Cervo alaban la decisión de Ínsua ante las falsedades de Feijóo y esperan que el PP de Cervo tenga la misma actitud que su presidente - CIG-Salud exige el cumplimiento de la promesa de una gestión propia para el Hospital y los Centros de Salud de la Mariña, porque tienen claro que de no ser así, asistiremos a los comienzos de la muerte para el Hospital da Costa. - El alcalde de Burela asegura que los miembros de la Plataforma en Defensa de la Sanidad “no tienen ni idea del PGOM”. Según González Barcia, el informe de Fomento facilita la ampliación del Hospital y añade “el PSOE no quiere que se amplíe porque votó en contra del plan general” - El vicepresidente de la Diputación, Antonio Veiga, considera las palabras de Feijóo “un anuncio-trampa” para tratar de desviar la atención - La Plataforma denuncia que el Plan Director no garantiza nada y mucho menos teniendo en cuenta su tramitación administrativa y la del Plan General de Burela al que le queda mucho recorrido para contar con los terrenos necesarios

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 9'Actualizado 26 may 2017

Os socialistas de Cervo recoñecen a boa actitude do xa exdirector do Hospital da Costa, José Insua Pernas, ante as falsas promesas do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con respecto a autonomía do Hospital da Costa, “loamos a postura e decisión do señor Insua xa que pon de manifesto que os intereses dos seus veciños cervenses, dos mariñáns e sobre todo dos usuarios do noso hospital comarcal están por riba das propias expectativas persoais, sempre lícitas, e dos intereses do seu partido”.  Dende o PSOE pregúntanse se “o PP de Cervo vai seguir a estela do seu presidente local para loitar polo mantemento da área do Hospital da Costa ou pola contra van claudicar e antepoñer os intereses persoais e do partido por riba dos dos seus veciños”. Entenden que “os membros do equipo de goberno se atopan na posición perfecta para defender por riba de todo o centro sanitario comarcal pois estamos a falar do señor Balseiro, Secretario da Mesa do Parlamento, Deputado da Mariña, Primeiro Tenente de alcalde e Secretario Provincial do PP de Lugo e por outra banda, do señor Villares, Vicepresidente da Fegamp e Alcalde de Cervo, membros os dous das Executivas Nacional e Provincial do partido, algo poderán facer por salvar a autonomía do Hospital da Costa”. Os compañeiros do Grupo Municipal Socialista afirman que “nos gustaría ver como o PP de Cervo se suma ás peticións feitas polos facultativos do hospital, os sindicatos, e sobre todo, que apoiase ós usuarios. Encantaríanos escoitar novamente ó señor Balseiro  cómo pide o servizo de autopsias, cómo defende o servizo de prematuros, cómo loita para que non desapareza a UCI  e cómo esixe que a ampliación sexa unha realidade e non unha promesa. En definitiva, cómo facer o posible para que os cervenses non teñamos que desplazarnos a Lugo como antaño”.  Para CIG-Saude, volta a publicidade gratuíta, volta ao engano, volta a novas promesas mentireiras que non se sosteñen, para encubrir as anteriores, as que agora non queren cumprir. Que credibilidade pode ter un goberno que, logo de asegurar en repetidas ocasións ao longo de catro anos, que o Hospital da Costa non ía perder a súa autonomía e a súa capacidade de decisión, anuncia que vai facer todo o contrario ao prometido. Os gobernantes do Partido Popular demostraron que non teñen palabra,  perdendo  toda credibilidade  para o pobo da Mariña, e mentres, os alcaldes populares dos distintos Concellos,   deixan ben claro,  que gobernan en contra dos intereses xerais das súas veciñas e veciños, para salvagardar a súa cadeira de brazos, os seus intereses particulares, dándolles as costas os pobo para render cega obediencia a un Presidente traidor coa nosa Comarca Coa pretensión de confundir a cidadanía e desmobilizar as protestas, para levar a cabo de xeito silencioso o desmantelamento do noso hospital, comezan publicitando a ampliación que tanto necesita este Centro. Visto que con iso non convencen, lanzan a promesa de crear unha unidade de cirurxía vascular e outra de quimioterapia, e para facer mais creible o engano, aproban no consello da Xunta, outra licitación dun Plan Director. O que non explican as e os cidadáns e que no 2008, xa se licitou un Plan Director para ampliar o noso Hospital  e aí quedou todo, que o Plan Director para aumentar o Hospital de Ourense, foi aprobado a comezos de 2010 e nunca se soubo mais de esa ampliación, o que non contan, e que un Plan Director simplemente é un estudio das necesidades que ten un Centro e non compromete a que se leven a cabo obras de ampliación. Si as palabras de Feijoo anunciando a ampliación e o aumento de servizos fosen verdade, si houbese un residuo de credibilidade en todo isto, como se entende que un Xerente veciño da Mariña, médico en urxencias dende o nacemento deste Centro, defensor dunha sanidade autónoma que protexa a súa permanencia e posibilite o seu crecemento na Mariña,  o Popular, José Insua, presente o venres día 13 a súa dimisión como Xerente. O xerente xa non cre os contos de Feijoo ao igual que todas e todos os profesionais sanitarios, que coñecen ben as consecuencias de pasar a depender de Lugo. Dende o SERGAS, o Director de Asistencia Sanitaria Felix Rubial, cuestiona a viabilidade futura do Hospital da Costa e como argumento, culpabiliza a os especialistas por buscar destinos mais apetecibles fora da Comarca, cando a realidade é que temos especialistas como Anestesistas, oftalmólogas e demais facultativos vivindo unha situación laboral totalmente precaria, firmando contratos  cada tres meses, coa incertidume de si mañá seguirán tendo traballo, e inda así, moitas e moitos deles, quédanse no noso Hospital da Mariña.  É a propia Consellería quen favorece a fuga de especialistas ao non ofertar contratos estables, esa mesma Consellería que agora acusa a aqueles que se foron cara outros hospitais en busca de estabilidade laboral. Mais argumentos falsos que xa non convencen a ninguén. Dende CIG-saúde ESIXIMOS o cumprimento da promesa dunha Xestión propia para o Hospital e os Centros de Saúde da Mariña, porque temos claro que de non ser así, asistiremos ao comezo da hemorraxia  dos nosos servizos sanitarios, co resultado de morte para o  Hospital Xeral da Costa e os nosos Centros de Saúde.   O equipo de goberno burelés non está disposto a que se dubide do traballo que se está a facer para que o PXOM posibilite a ampliación do Hospital. Así, encabezado polo alcalde, José María González Barcia, o equipo de goberno practicamente ó completo, co apoio de membros do partido a nivel local e xunto co parlamentario autonómico Vidal Martínez-Sierra e o deputado nacional Jaime de Olano, compareceu hoxe en rolda de prensa no propio párking do Hospital de Burela para deixar claro que “o PXOM é a ferramenta de planeamento e desenvolvemento urbanístico que facilita a ampliación do Hospital, e reitero que, se non hai atrancos importantes, o PXOM pode estar aprobado definitivamente antes de finais de ano”. Barcia afirmou que “os membros da denominada plataforma en defensa da sanidade, incluído o propio Alfredo Llano, non teñen nin idea do PXOM de Burela, e polo tanto deberían estar caladiños ó respecto, porque o que están a dicir, en público e en privado, sobre o PXOM, só busca confundir e enganar ós veciños e veciñas deste concello e da Mariña en xeral”. O alcalde burelés puxo datos sobre da mesa: “o PXOM aprobouse inicialmente hai algo máis dun ano. O oito de maio do ano pasado rematou o prazo de exposición pública e polo tanto o prazo de alegacións, que foron tratadas nun pleno celebrado en novembro. A estas alturas, só nos queda recibir un informe, o de Patrimonio Cultural, sendo todos os demais, incluído o de Fomento, favorables ó documento aprobado inicialmente. Deste xeito, cremos que podemos enviar o documento á Xunta para a redacción da memoria ambiental na segunda quincena de abril, co que podería ser aprobado provisionalmente a principios do verán. Remitido de novo á Xunta, podería estar aprobado definitivamente a finais de ano, o que encaixa perfectamente na planificación da ampliación deseñada pola Xunta de Galicia”. González Barcia considera que “está fóra de lugar dicir que a tramitación do PXOM pode demorarse anos; iso só quere dicir unha cousa, que a denominada plataforma está completamente desnortada, non lle vale nada do que se poida dicir ou facer, buscando desesperadamente argumentos falsos para xerar confusión entre a cidadanía, e descualificar o traballo de quen ten a responsabilidade de gobernar”. Desde un punto de vista técnico, o alcalde burelés volveu poñer datos enriba da mesa: “a superficie total destinada na actualidade ó hospital, incluído o aparcamento no que nos atopamos, é duns 37.000 metros cadrados. No PXOM contémplanse outros 61.000 m2 adicionais e a posibilidade de contar con case outros 20.000 m2 máis para aparcamentos, grazas a un ambicioso proxecto, contemplado no propio PXOM, que permitiría unir a zona hospitalaria co Perdouro. É dicir, podemos falar dun total de 118.000m2, en números redondos, de solo dotacional en principio destinado á ampliación do hospital e zonas de aparcamento e viais. E isto por iniciativa do PP, porque o documento que nos atopamos no concello cando chegamos ó goberno municipal hai vinte meses non contemplaba nada do que estamos a dicir”. González Barcia tamén foi rotundo con respecto ó informe emitido por Fomento: “algún membro da denominada plataforma anda dicindo por aí que Carreteras do Estado, é dicir, o Ministerio de Fomento, non deixa ampliar o Hospital. Quen diga iso, está mentindo. O informe da Dirección General de Carreteras do Ministerio de Fomento emitido en decembro de 2012 é favorable á proposta recollida no PXOm de reducir a afectación da variante de 100 metros a 25 metros lineais, e a tal efecto adxuntamos informe emitido ó respecto polo equipo redactor do PXOM”. Pero Barcia non parou aí: “os da denominada plataforma o que non din é que o que imposibilitaba a ampliación do Hospital era o informe emitido por  Fomento sendo ministro José Blanco, en novembro de 2010, e que o anterior alcalde, Alfredo Llano, tivo metido non caixón durante catro ou cinco meses. Este señor non fixo absolutamente nada, como nel é habitual, para solventar ese asunto. Foron este alcalde e o PP quenes a base de traballo resolvemos a situación favorablemente para Burela e para a ampliación do Hospital. Só lembrar que baixar a afectación da variante supón liberar unha franxa de setenta e cinco metros de ancho por catro mil douscentos metros de largo, ou sexa, liberar aproximadamente 315.000m2. O informe emitido polo ministerio de José Blanco era desfavorable ó PXOM do noso concello, así de claro”. Finalmente, González Barcia manifestou que “dá pena ver como algúns se arrastran miserablemente detrás da mentira e do engano para sacar rédito político; e aínda dá máis pena cando ves que un deles é o anterior alcalde socialista, que cando menos debería de ditarlles prudencia ós seus compañeiros da denominada plataforma á hora de falar do PXOM de Burela. Non o pode facer porque o PSOE de Burela votou en contra da aprobación inicial do PXOM do noso concello e votou en contra de resolver as alegacións. Polo tanto, e tendo en conta que o PXOM posibilita a ampliación do Hospital, o PSOE burelés votou en contra desa ampliación, o que quere dicir que non queren porque non lles interesa politicamente”.   Defensa das actuais áreas sanitarias por Antonio Veiga Para Antonio Veiga, “a postura do PP é soberbia e irresponsábel, como demostraron polo seu xeito de actuar na Mariña,, xa que desoen por completo as demandas de todos os mariñáns, e non hai máis que ver que á última convocatoria de xuntanza realizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña o pasado mércores, onde estaban practicamente todos os representantes dos sindicatos, persoal sanitario, traballadores e partidos políticos, a excepción do PP”. “O enésimo anuncio que fai Feijóo do estudo da ampliación do Hospital da Costa parécenos talmente un anuncio-trampa co que tratar de desviar a atención. Nesta visión coincidimos tamén con moitas outras persoas do mundo sanitario da mariña que afirman que unha ampliación non serve para nada se non se dota do persoal necesario, algo que non vai acontecer xa que, ao contrario, moitos profesionais e persoal vanse ver desprazados a Lugo se a xerencia única integrada vai adiante, contra a vontade de todo o pobo da Mariña e Monforte”.   A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública denunciou “o anuncio trampa” do Presidente da Xunta para a licitación do Plan Director do Hospital da Costa xa que non é mais que un intento de desviar a atención da decisión de rematar coa autonomía sanitaria da comarca. Dende a Plataforma aclaran que tendo en conta os tramites pendentes pola propia Xunta e o estado de tramitación do Plan Xeral de Burela estariamos falando de moitos anos antes de que se poña a primeira pedra dunha ampliación que será inútil de aprobarse o Decreto de Xestión Integrada de ámbito Provincial xa que baleirará de persoal sanitario e por tanto de contido esas instalacións e os seus centros de primaria asociados. O ANUNCIO TRAMPA DE FEIJOO É UNHA CORTINA DE FUME PARA TAPAR A MORTE DO HOSPITAL E DA SANIDADE PÚBLICA NA MARIÑA. O anuncio de Feijoo “é un anuncio trampa, carente de credibilidade xa que promete aumentar o continente ao tempo que baleira o seu contido”. Para a Plataforma o verdadeiro problema está no decreto de xestión integrada que a Xunta pretende aplicar no ámbito provincial que provocará a desaparición de persoal sanitario e servizos especializados para substituír unha prestación sanitaria estábel por outra de carácter ambulante, “dende a plataforma advirten que un hospital ampliado con especialistas que veñen pasar consulta dende Lugo non é un hospital é un ambulatorio”. As declaracións da Conselleira de Sanidade anunciando o traslado de facultativos á costa de maneira puntual ten dobre recorrido xa que a mobilidade do persoal sanitario por toda a provincia “nin mellora, nin estabiliza os servizos sanitarios na comarca”. Na mesma liña acusaron ao Presidente da Xunta e ao PP da Mariña de enganar e mentir de forma continuada á comarca e reclamáronlles a mesma coherencia e dignidade que están demostrando os e as profesionais sanitarios ou o propio equipo directivo cunha dimisión que pon en evidencia o retroceso da medida que a Xunta e o PP pretenden aplicar. SE CHEGAMOS A VER ALGÚN DÍA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL NON SERÁ ATE DENTRO DE MOITOS ANOS. A plataforma quixo deixar claro que o anuncio de Feijoo, “aínda sendo un xogo de trileiros”  ven motivado pola presión social exercida na comarca pero matizaron que por moito que se apuren os prazos non será realidade ate dentro de varios anos. Neste sentido explicaron que á licitación do Plan Director deberá seguir a posterior redacción do proxecto construtivo, a saída a concurso e adxudicación das obras e súa execución, “que por moito que se apuren os prazos e se doten de partidas orzamentarias específicas non veremos a primeira pedra nin neste, nin no próximo exercizo. A maiores aclaran que o estado de redacción do Plan Xeral de Burela onde hai unha reserva de solo para a ampliación do hospital, “a día de hoxe non existe” xa que o PXOM está nunha fase inicial pendente dos trámites de aprobación provisional e definitiva que demorarán varios anos a posta a disposición do solo necesario para a execución dunhas obras que chegan tarde. OS COMPROMISOS DOS DIRIXENTES DO PP DA MARIÑA SON PAPEL MOLLADO E NON SON CRIBLES MENTRES SIGAN DANDO AS COSTAS Á CIDADANÍA Para a plataforma é lamentábel ver como dende a Xunta e o Partido Popular da Mariña tratan de enganar á cidadanía con xogos de maxia de curto recorrido que non fan mais que deixar a súa credibilidade á altura do chan, “é evidente que o PP trata de ganar tempo con enganos para aprobar un decreto que será a morte da sanidade pública na Mariña e porá fin a calquera posibilidade de mellorala”. Os compromisos do PP da Mariña coa sanidade pública son papel mollado mentres sigan dando as costas ás demandas da cidadanía.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar