• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | Prorrogó el contrato a una persona

El Gobierno Mindoniense puede "incumplir" un proceso de transparencia y libre concurrencia

La prórroga del contrato a la persona que está realizando la contabilidad municipal puede estar infringiendo la legalidad al impedir que otras personas puedan presentarse al puesto de trabajo. El PP de Mondoñedo denuncia la situación y pedirá explicaciones en pleno, también solicitarán del bipartito (BNG-PSOE) den cuenta de la cuantía que llevan gastado en hacer la contabilidad local durante más de seis años y que a día de hoy no está actualizada

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A prórroga do contrato asinado con data 14/05/2012 para a realización de traballos de actualización de contabilidade municipal impide a participación no proceso de selección doutras persoas, polo que pode incumplir o proceso de transparencia e libre concorrencia. Así o puxeron de manifesto os populares, que pedirán en pleno transparencia e legalidade sobre este proceso. Asemade, o Partido Popular tras ter coñecemento da prórroga do citado contrato, que inclusive pode incumprir o Plan de Axuste do Concello de Mondoñedo, e co obxecto de velar porque o procedemento sexa o correcto, solicita acceso ao contrato, expediente de contratación, información sobre a financiación do contrato e informe xurídico que avale a legalidade.  Asemade, os populares pediranlle en pleno ao bipartito que dea conta da contía que leva gastado en facer a contabilidade local durante máis de seis anos e que a día de hoxe non se deu actualizado. Os populares aseguran que o feito de que o gasto siga reparado, a contabilidade en actualizar, e inclusive, os resultado desproporcionado de remanente de tesourería, en algunha exercicio, deixa en evidencia a credibilidade dos documentos elaborados ata o momento. Os populares lembran que mentres outros concellos elaboran a contabilidade con medios propios, o bipartito leva gastado, segundo datos do PP, máis de 40.000 euros primeiro na contratación dunha empresa externa para a actualización da contabilidade; máis de 30.000 euros aboados pola Deputación o ano pasado para a contratación dunha persoa; ao que hai que sumarlle outras facturas aboadas por outras empresas que facturaban, sen ter coñecemento o Partido Popular, do contrato que amparaba tales facturas. Os populares aseguran que estas elevadas cantidades económicas, que segundos os datos que manexa o PP, e a espera de comprobar, superan os 12 millóns de pesetas, poñen en tela de xuízo a transparencia e incluso posibles irregularidades nas adxudicacións e na selección do persoal que está  a facer a contabilidade. Os populares lamentan a elevada contía de diñeiro público investida, nun procedemento de actualización da contabilidade sen “acabarse de ver a luz do final do proceso”. Os populares amósanse moi críticos con esta situación, tendo en conta que mentres os concellos de Galicia fan a contabilidade cos medios propios, e cando precisan axuda solicitan medios persoais á Deputación; o bipartito en Mondoñedo opta por pedir diñeiro, que logo empregan en contratación de persoal, sen dar a oportunidade de presentar as persoas garantindo a libre concorrencia.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar