• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros | El BN pide al alcalde que solucione los problemas de los vecinos y no los suyos

Ermida califica de "vergonzosas" las manifestaciones de Fuente Parga sobre la amenaza de retirarse de la política

La portavoz del BNG, Ana Ermida, hace referencia a las manifestaciones del alcalde, Alfonso Fuente, sobre el salario por la aplicación de la reforma de la administración local; califica las manifestaciones de “vergonzosas” y recuerda que el ayuntamiento pagará 18.000 euros anuales a un avogado para asumir la defensa de los casos judiciales que tienen abiertos como consecuencia de la gestión municipal.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Desde o BNG pensan que “as declaracións de Alfonso Fuente son unha falla de respecto para as veciñas e veciños que están pasando por situacións difíciles e que, coas medidas que está implantando o Partido Popular, só ven empeorar as súas condicións de vida”. Para os nacionalistas barreirenses, “o alcalde de Barreiros debería preocuparse por solucionar os problemas da xente e do propio Concello e deixar de mirarse o embigo e preocuparse unicamente pola súa situación persoal”. “Cando unha persoa se dedica á política debe facelo por convencemento de que o que fai é para mellorar a calidade de vida dos seus concidadáns e non agardando un medio de vida que lle permita vivir desafogadamente. A dedicación dos cargos públicos debe ser por vocación de servizo público”, explican desde o BNG. En todo caso, segundo o BNG, “o alcalde de Barreiros tería moitas razóns para retirarse da política de maior calado que unha rebaixa salarial. Rebaixa que, por outro lado, él mesmo lle aplicou a todas as traballadoras e traballadores do ente municipal cando, seguindo as indicacións do Partido Popular, lles retirou a paga extra sen dubidalo en ningún momento e sen acordarse das posibles cargas familiares que puideran ter”. “Entristécenos -aseguran os nacionalistas- que a rebeldía que parece que agora amosa Fuente Parga non se lle ocorrese exercela para oporse ás medidas antisociais e de empobrecemento da clase traballadora que aplica sistematicamente o Partido Popular alí onde goberna”. Para o BNG estas declaracións demostran que “o único que preocupa a Alfonso Fuente é a súa situación persoal e que pon por riba os seus propios intereses dos das veciñas e veciños. Esta reacción só é unha mostra máis, ao igual que a contratación dos servizos dun avogado a cargo do Concello para asumir a defensa nos múltiples casos xudiciais que ten abertos, consecuencia da xestión de goberno de Alfonso Fuente, e que lle custarán ás arcas municipais 18.000 euros anuais”. “Cando se trata de cuestións que poden afectarlle persoalmente a Fuente Parga non escatima en gastos e permítese aprobar un contrato de 18.000 euros anuais para un único avogado, mentres o Partido Popular recorta en prestacións e servizos sociais e o propio goberno barreirense ten aplicado  subas de taxas e impostos a todas as veciñas e veciños como consecuencia da mala xestión económica que se levou no concello durante os últimos anos”, engaden os nacionalistas. Desde o BNG pídenlle a Alfonso Fuente “que deixe de pensar en si mesmo e que pense, como alcalde e máximo responsable do Concello, nas situacións que están vivindo as veciñas e veciños e que amose esa pretendida rebeldía para buscarlles solucións aos problemas da maioría e non unicamente aos seus propios”

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar