• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

El Consejo de Gobierno de la Xunta aprueba el decreto de gestión integrada de Lugo, Cervo y Monforte de Lemos

La gestión integrada simplifica las estructuras organizativas y busca una organización coordinada, horizontal, transversal, sin obstáculos y que sitúa al paciente como eje del sistema

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Consello da Xunta aprobou esta mañá o decreto que regula a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. O decreto sairá publicado proximamente no Diario Oficial de Galicia. Trátase de continuar coa implantación da xestión integrada, cunha estrutura coordinada que asumirá a xestión dos recursos, prestacións e programas da atención sanitaria, tanto do nivel de atención primaria como especializada, así como sociosanitaria e de promoción e protección da saúde. Beneficios da Xestión Integrada A xestión integrada oriéntase a acadar unha organización coordinada, horizontal, transversal, sen chanzos. Os obxectivos están centrados na atención no paciente coa implicación de todos os profesionais na toma de decisións mediante o uso da xestión clínica como ferramenta para evolucionar dun sistema xa superado de organización por compartimentos a outro transversal ou horizontal; e garantir a equidade, accesibilidade, continuidade, calidade e seguridade da atención. Tamén busca minimizar a variabilidade clínica e eliminar a duplicidade de procedementos diagnósticos e terapéuticos; garantir a transparencia e a autonomía de decisión dos pacientes establecida na lexislación vixente; orientar a planificación dos procesos en torno aos problemas de saúde; e utilizar eficientemente todos os recursos mediante a promoción do traballo en equipo e a implicación dos profesionais na xestión. A xestión integrada sitúa ao paciente como eixo do sistema pois recibirá unha resposta asistencial axeitada en tempo e lugar, sen sensación de trámites ou burocracia, sen repetición de probas de forma innecesaria, evitando derivacións innecesarias a servizos e sen esperas. Para o persoal, esta nova estrutura aumenta as posibilidades de desenvolvemento profesional, pois permite maior mobilidade no contorno dos servizos da propia área –sempre de forma pactada e voluntaria- e proxección profesional, o que redunda en máis motivación e satisfacción. Antecedentes Este decreto é o desenvolvemento da obriga legal que establece a Lei 14/1986 xeral de sanidade e o artigo 97 da Lei 8/2008, de saúde de Galicia sobre a introducción na asistencia sanitaria de modelos de xestión e fórmulas organizativas cunha visión horizontal e integradora dos procesos asistenciais. Tamén está incluído como unha actuación do primeiro obxectivo da Estratexia Sergas 2014: saúde e demanda dos cidadáns.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar