• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lourenzá |

Comienzan los preparativos para la Festa da Faba 2014

La organización ha convocado un concurso para elegir el cartel anunciador del evento que se celebrará los días 4 y 5 de octubre. Certamen abierto a participantes de todas las edades, el premio será un obsequio representativo de la Festa da Faba más 50 € en vales de compra para gastar en los establecimientos adheridos a ACIAL y el plazo de presentación de los trabajos finaliza el 21 de julio

Presentación de la Festa da Faba en el 2013

Presentación de la Festa da Faba en el 2013

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, anunciou que “comezan a darse os primeiros pasos nos preparativos para a edición deste 2014 da nosa Festa da Faba. Na xornada de hoxe vimos de presentar a segunda edición do concurso de carteis para anunciar a mencionada festa. Como no ano anterior, o Concello de Lourenzá e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (ACIAL) convocamos un concurso de carteis co gallo nesta ocasión da 24ª Festa da Faba, que terá lugar o primeiro fin de semana de outubro”.

Lupe Flórez destacou que “a novidade principal respecto ás bases do ano pasado é que na edición anterior era un concurso de carácter infantil e, tendo en conta que o ano pasado houbera moita xente que se interesara por presentar traballos pero quedaban excluídos pola súa idade, este ano decidimos por parte das dúas entidades organizadoras abrir a franxa de idade. Polo tanto é un concurso aberto a todas aquelas persoas interesadas en elaborar o cartel que anuncie a nosa festa máis recoñecida”.

A edil de Cultura engadiu que as bases do certame “recollen que é obrigatorio que no traballo para o cartel apareza o título de 24ª Festa da Faba e a data na que se vai celebrar este ano, que vai ser os días 4 e 5 de outubro. Mantemos a liberdade de soportes e de técnicas a empregar. Os traballos poderán presentarse ata o 21 de xullo na biblioteca municipal en horario de 5 a 8 da tarde ou ben por correo ordinario á dirección das oficinas municipais. De todos cantos traballos se presenten vamos elixir un único gañador, que será o que se representará no cartel anunciador para todos aqueles eventos que se inclúan nesta 24ª Festa da Faba, correspondente a este ano 2014. Todos os traballos que se presenten van quedar como patrimonio do Concello, reservándonos o dereito a facer uso dos mesmos citando a súa autoría”.

Flórez Seivane rematou explicando que as bases do concurso de carteis “van poder ser consultadas tanto na páxina web oficial do Concello de Lourenzá (www.concellodelourenza.es) como nos perfís que nas redes sociais ten o Concello de Lourenzá, onde se detallan especificamente os doce puntos que teñen as bases”.

 

Bases del concurso de carteles Festa da Faba 2014

1.- Poden participar tódalas persoas que o desexen.

2.- Convócase unha única categoría na que se premiará a orixinalidade e a creatividade.

3.- O tema debe ter necesariamenterelación coa Faba de Lourenzá e/ou co enxalzamento da festa.

4.- O encabezamento do traballo será XXIV Festa da Faba, debendo figurar tamén o lugar e a data de celebración da mesma: Lourenzá, 4 e 5 de Outubro.

5.- A técnica a empregar é libre: soporte informático (power point, publisher…), collage, pintura con calquera material: cera, óleo, acuarela, rotulador...

6.- Tódolos traballos deben ser entregados en cartolina tamaño A4 incluso os realizados en soporte informático.

7.- Só se pode presentar un traballo por autor, vindo este sen firmar e acompañado dun sobre pechado cos seus datos no interior. (Nome, enderezo e teléfono)

8.- Os traballos poden entregarse ata o 21 de Xullo na Biblioteca Municipal de 17 a 20 h ou por correo ordinario ao enderezo: Concello de Lourenzá – Praza do Conde Santo s/n 27760 Lourenzá)

9.- Premiarase un único traballo que será o Cartel Anunciador da XXIV Festa da Faba, reservándose o Concello o dereito a non publicalo de non cumprir cos parámetros de calidade acorde ao festexo a celebrar.

10.- O premio será un obsequio representativo da Festa da Faba máis 50 € en vales de compra para gastar nos establecementos adheridos a ACIAL e será entregado durante o transcurso da Festa.

11.- Todos os traballos presentados pasarán a formar parte do patrimonio do Concello, reservándose este o dereito a facer uso dos mesmos citando a autoría.

12.- A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar