También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

Comienza los trabajos para la instalación de una cubierta en la zona de juegos de la escuela infantil

Las obras de instalación de una cubierta en el patio exterior de la escuela infantil de Foz comenzarán el miércoles, tras haber realizado hoy el levantamiento del acta de inicio de los trabajos. La ejecución de los trabajos durará un mes y supone  una inversión de 20.000 euros aportados por el Consorcio Gallego de Servicios de Igualdad y Bienestar. El ayuntamiento focense ha asumido la redacción del proyecto
Comienza los trabajos para la instalación de una cubierta en...
Comienza los trabajos para la instalación de una cubierta en la zona de juegos de la escuela infantil
  • cope.es
  • cope.es

Coa acta de replanteo, que foi asinada esta mañá, comezaron as obras para a construción da cuberta na zona de xogos da escola infantil da Galiña Azul de Foz. Esta actuación conta cun investimento próximo aos 10.000 euros por parte da Xunta de Galicia. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, visitou a gardería esta mañá acompañado pola concelleira de Educación, Mercedes González Alonso, e explicou que “hoxe asinouse a acta de replanteo e inicio de obras da construción dunha cuberta na zona de xogos da Galiña Azul de Foz. Estiveron presentes o arquitecto, o aparellador, técnicos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a directora do centro e responsables do Concello, que foi o que tramitou esta obra no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. É unha obra moi demandada pola directora e tamén polos pais dos alumnos, xa que se trata dunha zona de xogos descuberta que era pouco aproveitable en inverno e incluso na primavera tamén había días no que os rapaces tampouco podían saír demasiado a esa zona exterior porque a goma permanecía mollada; entón era pouco usada”. O rexedor municipal engadiu que “con esta nova obra os monitores e os rapaces van gozar dunha zona cuberta e protexida da chuvia, polo que vai ser moito máis usada. Son cerca de 200 metros cadrados os que se cobren cunha chapa metálica tipo sándwich con perfiles metálicos. A obra durará aproximadamente catro semanas aínda que se o tempo o permite probablemente poida adiantarse ese prazo de entrega. Estamos a falar dun investimento de cerca de 10.000 euros que fai o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Foi xestionado polo Concello e trátase dun compromiso da conselleira de Traballo e Benestar e do propio alcalde. É un compromiso máis cumprido e esperamos que nas próximas semanas estea listo e poida xa ser usado polos rapaces e os monitores”.

Lo más visto