También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Elecciones 24M |

Clemente Iglesias candidato del PP a la alcaldía de Riotorto

El presidente provincial de los populares, José Manuel Barreiro, manifestó en la presentación de la candidatura del PP en Riotorto que “está formada por personas preparadas e ilusionadas, idóneas para gobernar”

A candidatura do PP de Riotorto que encabeza, Clemente Iglesias, foi presentada esta tarde polo presidente provincial, José Manuel Barreiro. Ao acto tamén acudiron militantes, simpatizantes e representantes políticos da comarca de A Mariña. O presidente provincial manifestou que a candidatura dos populares de Riotorto está formada por persoas preparadas, traballadoras e ilusionadas; é dicir, as idóneas para gobernar. Pola súa banda o alcaldable tildou ao seu equipo como un grupo de persoas con moitas ganas de traballar por Riotorto e manifestou que tanto él como o seu grupo están percorrendo parroquias do municipio e mantendo xuntanzas cos veciños para escoitar as súas peticións e plasmalas no programa electoral . Este funcionario no Concello de Riotorto e que actualmente non é rexedor por tres votos, recoñeceu que nos pasados comicios electorais pasou un mal trago por esta circunstancia pero confesa que esta situación tamén o motivou para volver a presentarse. Manifesta que se atopa con moitas forzas para traballar e situar á localidade onde se merece.   LISTA DA CANDIDATURA ELECTORAL DE RIOTORTO Clemente Iglesias González José Luis Lourido López Manuel Rivas Bouza Manuel Pacio Iglesias Luis Lorido Carballeira Olga Maseda García Iago Fiallega Salgado Alberto Ramallal Freire Antonio García González   1º Suplente.- José Gómez González 2º Suplente.- Diego Falcón Irigoyen 3º Suplente.- Manuel Pol Veiga 4º Suplente- María José Portela Cancio

Lo más visto