También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Burela | La Ocioteca de Verano comenzará a funcionar el 1 de julio, la inscripción está abierta desde hoy 21 de junioa al 27 del mismo mes

A edil de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, explica que “poderán participar nas actividades todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e os 12 anos, que estean empadroados en Burela. A fichas de inscrición entregaranse no Concello a partires de mañá e ata o 27 de xuño. Todo aquel que non teña formalizada e entregada a dicha nas datas indicadas non poderá asistir ás actividades”. Será o 28 de xuño cando se faga pública a lista de admitidos no Concello. E xa o 1 de xullo comezarán as actividades, que se prolongarán ata o 30 de agosto. Estas desenvolveranse no edificio nº 1 do CEIP Vista Alegre de luns a venres e en horario de 9 a 13:30 horas. Patricia López subliña que “as actividades son gratuítas e o que perseguimos con elas é axudarlles aos pais e ás nais a conciliar a vida laboral e familiar. Isto tamén é un reflexo da forte aposta que desde o equipo de goberno facemos pola educación”. A ocioteca verán activo 2013 disporá dun número máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos, así como tamén un número mínimo para levalas adiante. Cada grupo contará con 25 prazas. Haberá un grupo de 3 a 7 anos e outro de 8 a 12 anos. A concelleira de Medio Ambiente indica que “a adxudicación das prazas farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos: idade e empadroamento en Burela. E establécense as seguintes prioridades: fillos/as de proxenitores activos laboralmente (será preciso xustificalo documentalmente) e fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero”. López Eijo engadiu que “os/as admitidos/as recibirán durante os primeiros días un listado co material que precisan para poder asistir ás actividades. En caso de quedaren vacantes ao inicio das actividades, completaranse os grupos seguindo a lista de inscrición”.