También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Burela | La II Festa Castrexa, organizada por ACIA Burela, se celebrará el 6 de julio

  • cope.es
  • cope.es

O evento, que organiza a ACIA local conta co patrocinio do Concello e unha achega importante da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. No acto de presentación o alcalde, José Mª González Barcia, lembrou que “a primeira edición, celebrada o ano pasado, foi todo un éxito e nosoutros confiamos en que este ano, no que se mellora o programa respecto ao pasado, este éxito se incremente. Tamén se aumenta a achega económica que fai o Concello á festa castrexa, o que demostra que hai unha colaboración moi estreita entre a asociación de comerciantes e o Concello. Por exemplo, sen ir máis lonxe, no pasado Nadal o Concello sufragou os gastos de colocación da Árbore dos Desexos na Praza do Concello”. Para González Barcia “estamos ante unha cita turística estival de enorme repercusión para o noso pobo e, aínda que estamos na segunda edición, eu teño o firme convencemento de que vai ser un absoluto éxito, que xa está garantido de antemán a pouco que o tempo nos axude. O programa de actos é intenso, desde xa a primeira hora da mañá coa concentracións dos clans ata a festa xa á noite. Pero tamén adiantamos que vai haber actividades culturais vinculadas coa segunda edición da festa castrexa. Están sen pechar aínda que están xa esbozadas e bastante definidas, pero falta darlles o último toque. Serán presentadas de forma e maneira oportunas para que as persoas interesadas teñan o máis amplo coñecemento sobre as mesmas”. O alcalde de Burela agarda que “a festa sexa un éxito e pedirlles a todos que nos disfracemos, que nos vistamos de castrexos e que participemos de forma activa na festa. É unha fórmula, quizás a mellor, para darlle realce á festa e ao noso pobo e poñer esta festa nunha data importante e sinalada xa non soamente no circuíto festivo da nosa comarca se non da provincia e da nosa comunidade autónoma. Así que moito ánimo e a participar de maneira activa o próximo día 6 de xullo, que seguramente que Burela vai estar a rebordar de castrexos e, ao mellor, tamén dalgún que outro romano”.

Lo más visto