• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Alfoz |

El BNG denuncia la existencia de basura en el cauce del Río Ouro

El Asamblea Local del BNG ha realizado un estudio del curso del río y han encontrado restos de construcción en el Puente do Teixo, basura en Vilaúde, troncos en el Puente de Damián y troncos en As Leas. Por tanto, piden dsesde la Agrupación Nacionalista, que el Ayuntamiento gestione la retierada de todo el material existente por el río e implique a la Consellería de Medio Ambiente en la recuperación del Río Ouro.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O informe do BNG recolle: 1)      No leito dun afluente do Ouro ao seu paso polo lugar coñecido como PONTE DO TEIXO (na parroquia de LAGOA) atópanse uns grandes bloques de pedra (restos dunha antiga represa construída para facilitar o regadío dos prados lindeiros), os devanditos obstáculos, ademais de constituír un elemento artificial, alleo ao curso fluvial, poden chegar a favorecer a acumulación de troncos arrastrados pola corrente ou de calquera outro refugallo, orixinando posíbeis atrancos para o curso natural do río. 2)      No barrio de VILAÚDE (na parroquia de MOR) a carón dunha ponte de recente construción, pode observarse xunto con outros refugallos, unha roda de tractor abandonada no leito do río Ouro, orixinando a conseguinte contaminación das augas (por liberación de productos químicos), e máis un grande prexuízo estético. 3)      Na ponte coñecida como PONTE DA SERRA DE DAMIÁN (na parroquia de BACOI) hai varios eucaliptos atravesados –arrastrados pola chea e/ou caídos das marxes- atrancados contra un antigo alicerce, que de seguir alí acabarán por formar diques e deter o curso do río. 4)      O 28 de maio do 2012, o BNG dirixiu a seguinte proposta ao Concello de Alfoz: O tramo do Río Ouro ao seu paso polo lugar chamado AS LEAS, na parroquia de Bacoi, xa raiando coa parroquia de Santo Acisco atópase ateigado de troncos de árbores, lixo de toda caste (botellas, plásticos…) e illas formadas polo propio entullo acumulado ou por desprendementos de terra da propia ribeira do río. No leito do río poden verse piñeiros duns 30 metros de longo totalmente mergullados, outras árbores atópanse semiafundidas formando diques que acabaron por facer deste tramo unha especie de encoro onde a auga esta retida. Segundo información proporcionada por bos coñecedores do río, este tramo do Ouro (As Leas) aliméntase das augas do Rego de Budián, e chega á denominada Presa de Santo Acisco, ao longo destes máis de tres quilómetros o estado do cauce fluvial está totalmente abandonado dende hai uns tres anos, mesmo se pode observar un panel metálico de información institucional tirado no fondo do río. Esta situación favorece as grandes riadas, xa que as correntes fluviais do inverno ao non poder seguir polo cauce asolagan o resto do terreo, noutras ocasións a auga fai moita forza nas barreiras formadas polos refugallos e provoca a destrución das marxes do cauce, desfacéndoo e creando novas illas de lixo e refugallos.   Un ano despois a situación empeorou gravemente, xa que temos contabilizado un grande número de novos troncos depositados no leito do río -ademais de refugallos arrastrados pola corrente- debido ás inclemencias invernais e máis á situación de abandono na que se atopa a zona, tanto a ribeira coma o curso fluvial. Tendo en conta as graves deficiencias que presenta o Ouro nas áreas sinaladas e que estamos a falar dun río clasificado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e incluído na Rede Natura 2000:

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar