También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lugo |

El bipartito en la Diputación tiene dificultades para formar gobierno, al menos así lo entienden en el PP

La portavoz del Grupo Provincial del PP, Elena Candia, lamenta el parálisis existente en la Diputación, una vez que PSOE y BNG non han sido capaces de conformar gobierno casi dos semanas después de que Darío Campos tomase posesión como presidente. Desde el PP instan al BNG a que aclare si aplicará su código ético, vetando a la presencia de imputados en el Gobierno, lo que parece ser uno de los principales escollos para conformar el nuevo ejecutivo provincial.

A voceira do Grupo Provincial Popular, Elena Candia, puxo de relevo esta mañá a diferenza existente entre a áxil conformación do anterior Goberno popular coas dificultades que está atopando o novo bipartito  “Eu tomei posesión como presidenta da Deputación de Lugo un xoves e tres días despois, o sábado, xa coñecíamos o novo Goberno, o reparto de competencias e tarefas entre os deputados e estábamos traballando con axilidade desbloqueando asuntos. O bipartito vai a cumprir dúas semanas desde que tivo lugar a moción de censura e a designación do novo presidente, Dario Campos, e aínda non coñecemos o goberno” Elena Candia lembra que tampouco se constituíu a nova Comisión de Goberno, nin se aclarou, por parte do BNG se cumprirán o seu código ético, tal e como reclamaba o seu voceiro nacional, vetando a presenza de imputados no Goberno, “que parece ser un dos obstáculos principais”   SITUACIÓN DE PARÁLISE Os populares lamentan a situación de “parálise total” que afecta a Deputación, motivada polas liortas internas das que a diario son protagonistas socialistas e nacionalistas na provincia de Lugo, e vaticinan “un futuro de moita inestabilidade” para un pacto bipartito que nada máis comezar asiste aos seus primeiros enfrontamentos. “Os lucenses toman boa nota. Saben a axilidade coa que traballamos uns e a parálise coa que actúan outros. Evidénciase con rotundidade que a PSOE e BNG o que  menos lles importa e o bo funcionamento da Deputación de Lugo”

Lo más visto