También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela |

El ayuntamiento lucha contra los puntos contaminantes

Uno de los objetivos que persiguen es “aportar aguas tratadas cada vez más limpias al mar”, según aseguró el alcalde, Alfredo Llano; quien ha mencionado dos focos en el municipio “uno de ellos, en la playa de Ril, ya fue arreglado”

O rexedor lembrou que “estes días foi noticia a limpeza das augas, cuestión moi importante para o marisqueo no noso litoral. Burela tiña dous puntos contaminantes, que xa están marcados e tratados. Un é o emisario que procede da EDAR e outro é a desembocadura do río na praia de Ril”.  Llano explicou que “no Concello somos conscientes da existencia destes puntos contaminantes, pero estamos a actuar neles. No caso de Ril, o río Pomeda deu no verán a presenza dunha bacteria e tomamos as medidas pertinentes e incluso baixamos a bandeira azul, distintivo do que goza ese areal, durante uns días. Ese problema quedou solucionado e grazas á investigación realizada soubemos que a orixe estaba nunha canalización que por algunha razón mesturaba augas pluviais e residuais que desembocaban no río Pomeda”. O alcalde burelés subliñou que “se fixeron varias analíticas despois e todas indican que a problemática está solucionada e que non hai contaminación nese punto. Agardo que xa non nos dea problemas no futuro”. O rexedor tamén se referiu á EDAR: “onte, como xa contaron os meus compañeiros, estivemos en Augas de Galicia falando desta cuestión, para ver o proxecto de ampliación e mellora da actual instalación. Ten que estar máis acorde coas novas tecnoloxías de agora e vai pasar dun proceso químico a un proceso biolóxico, o que suporá que non contaminará tanto e que as augas residuais van ser tratadas de xeito máis efectivo e natural e menos contaminante. O proxecto está en marcha e a ver si se puidese levar adiante o antes posible”. Alfredo Llano subliñou que “o noso obxectivo é aportar augas tratadas cada vez máis limpas ao mar, como é normal”.

Lo más visto