También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

El Ayuntamiento arregla carreteras dañadas, iniciarán por la parroquia de Fazouro

El primer teniente de alcalde y concejal de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, se reunió con el presidente de la Asociación de Vecinos de Fazouro, Raúl Río, y visitaron zonas de la parroquia que precisan arreglos.

Fernández Manín explicou que o motivo da xuntanza foi que o presidente da asociación de veciños de Fazouro “tiña bastantes queixas da situación na que se atopan varios lugares da parroquia, que visitamos” e puxo como exemplos que “na Estación hai que arranxar a estrada, na subida á capela de Lousada a auga desfixo bastante, na estrada de Lousada baixa moitísima auga do monte e temos que intentar solucionalo dalgunha forma e para iso hai que limpar as cunetas todas que hai nesta estrada e supón un custe que nestes momentos o Concello non pode soportar porque estamos un pouco escasos de tesourería. Si o vamos intentar solucionar, como quedei con el, para a próxima semana, cando imos empezar a ir en días alternos para limpar esas cunetas e intentar que a auga que baixa por ese camiño que non sexa toda a que está chegando nestes momentos, porque baixa do monte por diante da casa de Pepe de Valiño moitísima cantidade e desfai completamente todo por onde pasa”. O concelleiro de Medio Rural comentou que ademais estiveron vendo “outra zona, que é despois do apeadeiro, pero corresponde a Fomento, é na estrada xeral e entón nosoutros non podemos actuar sen permiso de Fomento. Tamén visitamos A Rúa, onde se vai cambiar a traída ao enlace da rede xeral nova que se está facendo e limpar as cunetas nunha pista que sube aos montes”. Pedro Fernández engadiu que na situación actual “temos que ir adaptándonos e facendo todo aquilo que podemos coa xente que temos, non podemos contratar empresas e resúltanos imposible facer rebacheos continuos. Estamos solicitando á Deputación para que nos conceda axuda para rebacheos, como fixo a outros concellos: a Viveiro, a Cervo e incluso Ribadeo, que parece ser que é a segunda vez agora xa. Solicitamos o ano pasado e nin nos contestaron, volvemos solicitalo a principios deste ano, pero parece que para a Deputación para estes traballos non existe Foz. Quero recalcalo porque penso que Foz é igual que outro concello, aínda que o goberno sexa doutra cor. Por iso intentaremos seguir buscando axudas para facer as obras o máximo que poidamos e atendendo aos veciños co persoal do Concello”.

Lo más visto