• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lourenzá | Han abordado el proyecto de mejora de viales que realiza Medio Rural

Arias se ha reunido con la alcaldesa, Emma Álvarez, para anunciarle mejoras en el CEIP Juan Rei

La Delegada de la Xunta en Lugo, Raquel Arias, ha recibido a la alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, para anunciarle que la Consellería de Educación llevará a cabo actuaciones de mejora en la accesibilidad al Colegio Juan  Rei. La inversión será de 30.000 euros. En la reunión también han hablado de los proyectos de mejora de vías municipales que desarrolla la Consellería de Medio Rural, en la actualidad actúa en unos 3 kilómetros de carreteras.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Os traballos previstos suporán, entre outras melloras, a construción dunha rampla de acceso ao edificio do centro, mediante a cal se facilitará unha incorporación máis cómoda ás instalacións por parte de alumnado e profesorado con dificultades de mobilidade. O orzamento dos traballos previstos, que tamén suporán o peche de instalacións deportivas, ronda os 30.000 euros. Estes traballos viran a sumarse ás actuacións no ámbito educativo que se levaron a cabo nos últimos catro anos en Lourenzá, onde dende o ano 2009 se investiron arredor de 50.000 euros para dotar ao centro dunha pista polideportiva, así como a realización de adaptacións na instalación eléctrica ou o acondicionamento da zona de ocio infantil. Por outra banda, durante a reunión, a rexedora de Lourenzá transmitiu a inquedanza dos veciños do núcleo de San Lourenzo para o transporte de madeira nesa zona, situada no entorno do camiño a Santiago. Igualmente, Raquel Arias e Emma Álvarez avaliaron os avances nos proxectos das obras que se realizan no municipio ao abeiro do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (Peim), e que suporán a mellora de preto de 3 quilómetros de camiños e pistas. A Consellería do Medio Rural e do Mar inviste 54.900 euros nestas actuacións, que están a piques de rematar e que afectan a pistas de Penelas, Acebo e Cazolga, a entrada á área do Pereiro e ao paseo do río Baos, a entrada de Moredo, a pista Vilanova-Casa Gallego e o ramal de Recemil, entre outros. Os traballos consisten en bacheos, mellora da capa de rodadura, reposición do firme, pavimentado ou limpeza de cunetas, segundo os casos. A delegada territorial incidiu en que a cooperación entre administracións “resulta, nun momento como o actual, máis necesaria que nunca para optimizar investimentos na busca dos mellores resultados e abordar en común proxectos de futuro para o desenvolvemento da provincia de Lugo”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar