• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

El PP agradece el compromiso de la Xunta para generar empleo en el municipio

La portavoz del GMPP, Elena Candia, manifestó que “frente al desinterés del Ayuntamiento y de la Diputación, la Xunta de Galicia apuesta por Mondoñedo a la hora de crear empleo” La prueba de este compromiso se refleja en la concesión de un taller de empleo para formar a 20 desempleados, cinco puestos para la brigada forestal; 8.000 euros de subvención para personal de la oficina de turismo. Candia recuerda que la Diputación puso en marcha un plan de empleo que dejó fuera al municipio mindoniense.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo pon en valor o compromiso do Goberno Galego por xerar emprego na cidade mindoniense. Os populares agradecen á Xunta de Galicia o apoio que ofrece ao municipio en material laboral e explican, con accións e feitos concretos, en que iniciativas se está a materializar este compromiso. Así por exemplo salienta o PP mindoniense a recente concesión dun novo obradoiro de emprego, unha iniciativa conxunta cos concellos de Alfoz e Valadouro e que permitirá a contratación de 20 desempregados para formarse na especialidades de viveirismo, xardinería, escaiola e pintura. A Xunta achegará un investimento superior aos 180.000 euros para a posta en marcha deste obradoiro que, sinalan os populares, é o segundo do que se benefician en Mondoñedo, tras o que se desenvolveu nas pasadas anualidades, conxuntamente con Lourenzá e Barreiros e que daquela permitiu a contratación de máis dunha vintena de desempregados para adquirir unha primeira experiencia laboral nos ámbitos de albanelería e carpintería BRIGADAS FORESTAIS E OFICINA DE TURISMO Por outra banda, os populares resaltan, que outra mostra deste compromiso, está patente nas brigadas antiincendios, un servizo moi necesario para o que a Xunta de Galicia, concretamente a Consellería de Medio Rural e Mar,  destinou preto de 30.000 euros e que permitirá, unha vez se proceda á sinatura do convenio, que cinco persoas sexan contratadas. A este apoio hai que sumar os 8.000 euros que a Xunta achega, por segundo ano consecutivo, para sufragar os custes de contratación do persoal da oficina de turismo desde o mes de xuño ata outubro, reforzando un servizo tamén de notable relevancia nun concello ao que se achega un importante número de turistas durante a época estival. Manifestan os populares que a concesión destes obradoiros contrastan co esquecemento da Deputación, quen a pesar de estar gobernada polo PSOE e BNG, ao igual que no Concello, puxo en marcha un plan de emprego que deixou fora ao municipio e a tódolos veciños desempregados mindonienses. Así as cousas, os populares afirman que este compromiso en materia de emprego da Xunta é unha realidade , o que manifesta ao mesmo tempo, que o Goberno Autonómico é un executivo aberto, comprometido e ao servizo de tódolos concellos, sexan da cor que sexan.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar