A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés forma a profesionais para comunicar malas noticias a pacientes e familias

Onte organizouse no Hospital Montecelo unha xornada dirixida a persoal facultativo e de enfermaría para mellorar a atención en situacións de alta carga emocional

Hospital Montecelo de Pontevedra

Redacción COPE Pontevedra

Pontevedra - Publicado el

1 min lectura

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés celebrou onte, na área de Docencia do Hospital Montecelo, unha xornada formativa sobre a comunicación de malas noticias no eido sanitario, dirixida a profesionais facultativos e de Enfermaría da área de saúde.

Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar as competencias comunicativas do persoal dos servizos asistenciais ante situacións de especial complexidade emocional, favorecendo unha atención sanitaria máis humana, empática e centrada nas persoas, tanto no ámbito hospitalario como na Atención Primaria.

Coa colaboración da Fundación A Víctimas de Tráfico, durante a xornada abordáronse estratexias comunicativas e ofrecéronse ferramentas para transmitir información sensible a pacientes e familias, facendo fincapé na importancia da escoita activa, do acompañamento emocional e do respecto aos valores e necesidades das persoas atendidas.

Con esta actividade formativa, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés reafirma o seu compromiso coa formación continua dos seus profesionais e coa promoción dunha práctica asistencial baseada na calidade, na humanización da atención e no coidado integral das persoas.