• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Sobrado dos Monxes, un refuxio de paz no interior da provincia da Coruña

As obras de rehabilitación eliminaron as humidades dun dos complexos relixiosos máis orixináis de Galicia

Carlos Guitiérrez, o prior: "Seguimos a máxima de ora et labora"

Santa María de Sobrado sorprende pola súa fachada

A fachada actual de Santa María é barrocaLuis Polo

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 24 sep 2021

Santa María de Sobrado dos Monxes ben merece unha visita pausada. Este complexo relixioso é un dos mellores exemplos que temos en Galicia do esplendor da época dos mosteiros.

A maior parte da igrexa actual é de estilo barroco (S.XVII) froito dunha reforma do templo orixinario, que data do século X e do que aínda hai algúns elementos.

O estado actual da igrexa mellorou moito coas actuacións que realizou recentemente a Xunta de Galicia. Elimináronse as filtracións de auga e as humidades e tamén se aplicaron tratamentos para retirar a contaminación de algas que estaba presente nalgunhas zonas. A pedra loce como nova e o resultado é paplable.

Nesas obras de rehabilitación tamén se actuou contra "patoloxías de colonización biolóxica" nas torres e nas portadas na igrexa de San Xoan e na capela do Rosario, na sacristía e no retablo da capela do Rosario.

Derrubo de elementos engadidos e arranxo do tellado

Dentro dos traballos que realizou a consellería de Cultura elimináronse elementos que sobraban: derrubouse un almacén que se construira no seu día xunta a capela de San Xoan e quitáronse os remates de tella dos pináculos e algúns elementos de formigón que estaban na cornixa. Todo para recuperar o aspecto orixinal dun complexo que non deixa de sorprender ós que o visitan.

O acceso á Igrexa é agora máis sinxelo (acometéronse obras de accesibilidade) e tamén se acondicionou o espazo para a lectura no claustro da Hospedería.

A rehabilitación incluiu o cambio de tellado de Santa María. Utilizouse tella curva tomada con espuma e ganchos de aceiro inox sobre fibrocemento. O cupulino da lanterna revestiuse con chapa de zinc e sustituíronse as xuntas de fábrica que estaban en mal estado.

"Ha quedado muy bien", explica a Cope Carlos Gutiérrez, o prior dos 15 monxes que viven actualmente no mosteiro.

"Se ha limpiado toda la piedra, se han renovado las cubiertas y se ha drenado para evitar las humedades". "Estaba ya saliendo hierba en algunas partes", engade.

ctv-5vb-sobrado-3

As obras eliminaron humidades e contaminación biolóxica que había nas paredesLuis Polo


Santa María de Sobrado dos Monxes, unha xoia medieval

O complexo de Santa María de Sobrado dos Monxes está declarado Patrimonio da Humanidade como ben asociado ósCamiños do Norte. É ademais Ben de Interese Cultural dende 1931.

A igrexa ten planta de cruz latina e conta cunha capela maior de forma rectangular sen retablo. A traza medieval cisterciense foi derrubada en 1.620 e construida dez anos despois, en 1.630.

As tres naves do eixo central están separadas entre sí por piastras separadas por arcos de medio punto.


Audio


Restos cistercienses

O aspecto actual de Santa María é barroco (do século XVII) pero consérvanse algúns elementos da época cisterciense (século XII) como son a capela de San Xoan, os restos da cociña, a antiga sacristía e a sala capitular. A capela barroca do Rosario é do século XVII e a sacristía (renacentista) é do XVI.

Actualmente viven no mosterio 15 monxes cistercienses (unha reforma da orde benedictina). Segundo explica o prior Carlos Guitiérrez levántanse para o oficio das 5 de mañá e acóstanse ás 21.45h.

Durante o día seguen a máxima de "ora et labora". "Intercalamos oficios durante todo o día co traballo manual". Entre os productos que ofrecen na súa tenda destaca o doce de leite.

Aspecto actual da fachada de Santa María de Sobrado tra-las obras de rehabilitación

Aspecto actual da fachada de Santa María de Sobrado tra-las obras de rehabilitaciónLuis Polo


Visitas

O horario de visitas para os turistas é de 10h a 13.30h e de 16.30 a 19h.




Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar