• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Santo Estevo de Negros, entre a lenda e a tradición castrexa

O templo, sito na vila de Redondela e dedicado a un dos primeiros mártires da Igrexa, foi obxecto dun importante traballo de rehabilitación financiado pola Xunta de Galicia

ctv-kma-portada-santo-estevo-de-negros

José JardónSanto Estevo de Negros. Redondela (Pontevedra)

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 07 oct 2021

Camiño a Vigo, e á beira da vella Vía XIX romana e dun dos camiños da ruta xacobea que parte desde Portugal, achamos unha parroquia intimamente vencellada á cultura castrexa e a moitas lendas a ela asociada e que lle dan nome.

Con apenas 600 veciños, e con Santo Estevo de patrón -un dos primeiros mártires da Igrexa-, a parroquia de Negros está coroada co Monte Mirallo no que se asenta o Castro de Negros. Como a maioría destes asentamentos espallados por Galicia, o castro de Negros está situado nunha elevación orográfica estratexicamente pensada para a defensa do poboado e para evitar os ataques dos pobos inimigos.


A LENDA DO CASTRO DE NEGROS


O Castro de Negros, así como o do Monte da Peneda tamén no concello de Redondela, están ligados coa figura mitolóxica das mouras, deidades femininas vinculadas á natureza que son gardiás e protectoras do medio natural e dos seus segredos, defendéndoos con afouteza e valor.

E o adxectivo que lle dá nome á parroquia, Negros, parece que proviría deses seres lendarios chamados mouras, que significa “de cor escura”. Alén diso, e baixo a aldea castrexa, temos unha cavidade chamada “Igrexa da Preta” que volve emparentar o lugar coa cor negra. De feito, en portugués aínda se conserva ese significado de preto co sinónimo de escuro, de negro en definitiva según os usos semánticos do galego actual.

ctv-vhf-castro-negros-monte


Neste entorno, e nun lugar inzado de historias e lendas, asentouse xa no século XIX o centro da vida parroquial do lugar e dos veciños de Negros. Tratáse da igrexa de Santo Estevo de Negros, igrexa que debido ao seu deficiente estado foi obxecto dunha das actuacións financiada pola Xunta de Galicia que teñen como obxectivo pór en valor o innumerable acervo histórico da nosa comunidade. Unha rehabilitación que correu a cargo do arquitecto Iago Acuña López e que consistiu no seguinte:


EN QUE CONSITIU A REHABILITACIÓN?


DESCRICIÓN DO EDIFICIO


O templo de Santo Estevo de Negros, propiedade da diócese de Tui-Vigo e construído no século XIX, é unha igrexa de planta rectangular e cunha única nave con cuberta a dúas augas. Nun dos laterais achamos a sacristía e tamén un pórtico cuberto.

Na súa fachada, pola súa parte, atopamos unha porta principal enmarcada con remates en pináculos en forma de altorrelevo. Xusto no marco da porta apóiase unha fornela na que se pode ver a imaxe do patrón, Santo Estevo. Por riba dela unha pequena ventá e un campanario de dúas alturas con ocos de arco de medio punto coroado por unha cruz. Ademais, a igrexa posúe pináculos que están emprazados nos laterais da cornixa.


REFORMA DE 2002


Hai case dúas décadas o templo redondelán sufriu unha reforma na que se substituíron todas as cubertas e se construíu un cabido sobre columnas cadradas. Porén, esa cuberta foi executada con menor pendente cá cuberta orixinal polo que resultou moi escasa para a correcta evacuación da agua de choiva. Alén diso, o uso de materiais inapropiados -algúns plásticos- agravaron eses problemas de estanqueidade, filtración de auga e humidade. Algo que estaba comenzando a afectar ao interior do templo que, en termos xerais, se achaba nun mellor estado que moitas das súas partes exteriores. Aínda así, a intervención resultaba urxente para evitar que a humidade acabara afectando aos elementos interiores da igrexa e mesmo á estrutura de pedra da construción.

ctv-t6q-reforma-2002


Foi ese, a humidade e a filtración de auga, o principal problema que se quixo solucionar nesta actuación promovida desde a Xunta de Galicia ao abeiro dunha serie de actuacións de conservación patrimonial que se están a realizar por todo o territorio galego, un dos lugares en toda Europa con maior número de entidades de poboación e templos litúrxicos asociados a elas. No caso concreto das obras de Santo Estevo de Negros tiveron un custo de algo máis de 55.000 euros.


PRINCIPAIS ACTUACIÓNS, ANTES E DESPOIS


Estas foron as principais actuacións feitas na igrexa de Santo Estevo de Negros:

Cambio da cuberta na nave e tamén na sacristía. Mantívose a estrutura existente aínda que foi necesario mudar a ventá de acceso á cuberta polo mal estado da vella cuberta.

ctv-1y0-cuberta-completa


Cambio tamén da cuberta no porche, aumentando a pendente existente botando man da estrutura orixinal. O obxectivo, favorecer unha correcta evacuación das augas pluviais e evitar que estas se filtraran ao interior do templo.

Mudanza de ventás por carpintaría de carácter fixo. Isto favorece a ventilación continúa no interior da igrexa e evita a condensación e os danos asociadas a esta.

ctv-wxt-acceso-tellado-cuberta


Retirada da marquesiña de chapa, con estrutura metálica, situada á saída da sacristía. Substituíuse por unha marquesiña, máis acorde ao valor patrimonial do lugar, feita de madeira e cuberta con tella.

ctv-xkf-entrada-sacrista


Con todas estas actuacións, que tiveron un custo duns 55.000 euros, púxose fin a unhas obras moi necesarias que permitirán a conservación e perviviencia do templo referencia para os fregueses da parroquia redondelá de Negros.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar