• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

IGREXA DE DOLORES

A Igrexa da Nosa Señora dos Dolores, en Ferrol, reabrirá as súas portas este outono tras tres anos pechada

O templo, que forma parte da candidatura "Ferrol da Ilustración", destaca pola súa importancia para a Semana Santa Ferrolana

Estado actual que presenta la Iglesia de Dolores en Ferrol

Estado actual que presenta la Iglesia de Dolores en Ferrol

FERROL

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:29

A Igrexa de Dores, en Ferrol, encara a fase final dos traballos de rehabilitación que se centraron desde o seu comezo, en xaneiro do presente ano, en consolidar a estrutura tanto da cuberta como do interior do tempo polos problemas de estabilidade que presentaba e que motivaron o seu peche ao culto e ao público no ano 2018.

Daquela o Bispado de Mondoñedo-Ferrol tomaba a decisión, por mor dun informe técnico no que se reflectía un agravamento dos danos estruturais orixinarios da súa construción no século XVIII e non se garantizaba a seguridade.

Tras un período de procura de financiamento, a Xunta de Galicia a través do departamento de Patrimonio, achega 250.000 euros a estes traballos.

Os traballos tras solicitar unha prórroga de tres meses, rematarán previsiblemente o 14 de outubro, e a partir de entón poderíanse retomar o culto e a visita dos fieis.

Pero as obras, a dirección corre a cargo do arquitecto ferrolán, José Romero, non foron sinxelas pola falta de material que impuxo o peche de negocios non esenciais e o peche perimetral de concellos a principios de ano, e tamén pola dificultade que entrañan os traballos para fixar a cuberta. Precisamente a reparación da estrutura de madeira e a nova cuberta de tella serán os elementos máis visibles para os cidadáns.

El templo de Dolores abrirá sus puertas nuevamente este otoño

El templo de Dolores abrirá sus puertas nuevamente este otoño

As obras de rehabilitación, financiadas pola Xunta, supoñen unha nova para este lugar de culto, ó tempo que corrixen os problemas estruturais. O investimento ronda ós 225.000 euros.

Os traballos centráronse na fachada, na estrutura, cuberta e sistema de evacuación de pluviais poñendo especial atención na zona das torres, onde existía un progresivo desprazamento que provocaba a fractura da bóveda. O equipo técnico realizou o atado da fachada mediante tirantes de aceiro e instalou, na coroación dos muros, unha estrutura de formigón armado que sirve para ancoraxe.

As actuacións impulsadas polo Goberno galego tamén inciden no sistema de evacuación de pluviais. Así, dispoñerase dun novo deseño de trazado da rede de evacuación composto por canalóns e baixantes de zinc e repararanse as fisuras e desconches producidas pola oxidación. Por último, actuouse sobre a madeira, retirarase a vexetación da fachada e limparanse os muros do conxunto eclesiástico.

SEDE DA COFRARÍA DE DOLORES

A igrexa de Dolores é un dos centros da Semana Santa de Ferrol, xa que aquí ten a súa sede unha das confrarías máis importantes, a de Dolores.

La igiesia de de Dolores antes de iniciarse los trabajos de restauración

La iglesia de de Dolores antes de iniciarse los trabajos de restauración

Foi levantada na Praza de Amboaxe na segunda metade do s. XVIII pola congregación que leva o seu nome.

A igrexa de Dolores que forma parte da candidatura "Ferrol da Ilustración" que aspira a ser declarado, pola Unesco, Patrimonio da Humanidade.




Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar