Patrimonio

Santiago de Cangas, xoia artística do municipio e parada obrigatoria se visitas O Morrazo

A portada da Ex-Colexiata é unha das mellores obras renacentista de Galicia, foi creada en 1585 a partir do proxecto de Jácome Fernández e Antonio Vizoso.

Na súa aposta polo noso patrimonio, a Xunta de Galicia vén de investir máis de 68.000 euros na rehabilitación da portada, danada polas inclemencias meteorolóxicas.

Uxía Perdiz Silva Cangas

Tiempo de lectura: 2' Actualizado 24 sep 2021

Toda visita ao municipio pontevedrés de Cangas do Morrazo debe ter como parada obrigatoria a igrexa de Santiago, ou tamén coñecida como Ex-Colexiata, a xoia artística do municipio que data do século XVI. Ubicada no centro da vila, na rúa Real (fronte á estatua ecuestre de Santiago), crese que o templo primitivo puido construírse incluso un século antes. O ano 1493 é o primeiro momento no que se ten constancia desta construcción que co paso dos anos foi sumando distintos estilos propios doutras épocas.


A capilla maior desta igrexa foi rematada no ano 1548 mentres que o seu retablo data do 1744, cunha estilo barroco que se suma o estilo renacentista que predomina maioritariamente no templo. Houbo que esperar ata o ano 1545 cando o Papa Paulo III elevou esta construcción ao rango de Colexiata. Aínda que nestes momentos xa non recibe tal distinción, a igrexa de Santigao de Cangas é considerada a principal edificación relixiosa do municipio.

A súa fachada podería considerarse a obras "máis recente", foi construída en 1585, a partir do proxecto elaborado por Jácome Fernández y Antonio Vizoso. Unha obra que se considera como unha das mellores mostras da arquitectura renacentista en Galicia. Como curiosidade, no interior deste templo renacentista atópase o "Cristo que no quiso arder", nome que recibe en homenaxe a que, segundo conta a lenda popular, foi a única talla que se salvou do lume cando uns piratas turcos invadiron a cidade e incendiaron a Colexiata no ano 1617. Ademáis, existe moita admiración pola imaxe do Santísimo Cristo do Consuelo, mostra sublime do barroco que foi esculpida por Juan Pintos en 1796.



A súa fachada, exemplo do Renacemento en Galicia.

Dous corpos de columnas estriadas jónicas y compuestas forman a fachada que remite a temas bibicos. Lamentablemente, o paso do tempo e as inclemencias metereolóxicas fixeron que as escuturas amosen danos que incluso chegaron a borrar os seus principais rasgos.

Por esta razón, a Xunta de Galicia ven de investir mási de 68.000 euros (máis IVE) nunha intervención que permitirá solucionar as patoloxías que presenta a portada da igrexa de Santiago de Cangas e impedir que avancen os problemas de erosión.



Precario estado de conservación.

O pasado mes de xullo, casi coincidindo coa celebración do patrón que la nome ao templo, iniciaronse unha serie de traballos que permitiron "detectar a orixe do problema, detelo e estabilizar a pedra". Así o sinala Luisa García, responsable da empresa encargada de acometer a restauración e conservación da portada da Ex - Colexiata. Nestes intres, un equipo de cinco personas traballa no lugar.



Previamente realizaron unha intensa labor de documentación e caracterización de materiais, ademáis de ter rexistradas todas as patoloxías que presentaba a portada. Para iso fixo falta a actuación de arquitectos, químicos, geólogos, fotógrafos, etc. co obxectivo de coñecer o alcance das humidades detectadas na portada e determinar o tratamento máis axeitado. Luisa García confirma que esta parte do templo estaba "moi afectada" polas condicións medioambientais (Choiva, humidade..), ademáis amosaba "unha alta contaminación biolóxica, colonizada por musgo, líquenes...". Ademáis, as raíces das prantas entraban polas xuntas e, "ao actuar como unha cuña", estaban a reventar as pedras. Son varios os factores patolóxicos que determinaron o estado precario de conservación da igrexa de Santiago de Vigo.




O groso da actuación que se está a levar a cabo céntrase en arranxar estas alteracións e tamén impedir que a humidade continúe erosionando algunhas das figuras. A previsión é que se rematen todos estes traballos "xa entrado o mes de novembro".