• Domingo, 14 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta recoñece cos Premios Innovagal o traballo de centros educativos de Outes, Cerceda, Vilanova, Zas, Tui, Monfero, Vigo e Celanova

A Xunta recoñece cos Premios Innovagal o traballo de centros educativos de Outes, Cerceda, Vilanova, Zas, Tui, Monfero, Vigo e Celanova

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 13:05

O obxectivo destes galardóns é poñer en valor o labor dos centros que desenvolven enfoques didácticos para dar resposta ás necesidades particulares do seu alumnado

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa visita o CPI Plurilingüe O Cruce, de Cerceda, gañador do primeiro premio nunha na categoría de Secundaria

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Colexio CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda, ao que felicitou por acadar o primeiro premio nunha das categorías dos Premios Innovagal. Precisamente o Portal Educativo vén de publicar a relación de centros galardoados nesta convocatoria da Xunta para poñer en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos innovadores para dar resposta ás necesidades particulares do seu alumnado.A convocatoria establece dúas categorías de participación, unha para centros que imparten Educación Infantil, Primaria e Especial. Nela, o primeiro premio foi para o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes (Outes, A Coruña), o segundo para o Colexio CEIP de Viñagrande–Deiro (Vilanova de Arousa, Pontevedra), o terceiro para o Colexio CEIP Plurilingüe nº1 (Tui, Pontevedra) e a mencin de honra para o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo, Pontevedra).No caso da segunda categoría, para centros de Secundaria e de adultos, o primeiro premio foi para o Colexio O Cruce (Cerceda, A Coruña), o segundo para o Instituto IES Maximino Romero de Lema (Zas, A Coruña), o terceiro para o Colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) e a mención de honra para o Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense) Os primeiros premios están dotados con 10.000?, os segundos con 6.000?, os terceiros con 3.000? e as mencións de honra con 1.000?. Ademais da dotación económica do premio, os centros galardoados reciben o distintivo de Centro educativo Innovagal, cunha vixencia de catro cursos escolares.A proposta do Colexio CEIP Plurilingüe de Outes centro xira arredor do benestar emocional do alumnado e a sostibilidade do centro. Tendo isto en conta, a metodoloxía céntrase na creación dunha escola na que toda a comunidade pode participar, na que a aprendizaxe é activa e dinámica e na que se traballa o respecto ao medio ambiente de forma transversal en todas as áreas do currículo e en todos os niveis.Pola súa banda o Colexio CPI Plurilingüe O Cruce desenvolve un proxecto de innovación cunha forte aposta por accións STEM relacionadas coa defensa do medio ambiente. O coñecemento da contorna e a conservación ambiental guían o desenvolvemento dos proxectos nos que participa o centro, que se basean na premisa de que a aprendizaxe na natureza mellora os logros e o benestar do alumnado. A proposta de innovación do Colexio CEIP de Viñagrande–Deiro parte da convicción de que a grandeza dunha escola é a infancia. Este principio condiciona a vida e a organización do centro focalizando a metodoloxía no alumnado. Créanse espazos e dinámicas que respectan a infancia potenciando a autonomía, a intelixencia emocional, a comunicación asertiva e o pensamento diverxente. No caso do Instituto IES Maximino Romero de Lema, centra o seu proxecto innovador na posta en marcha de proxectos STEM a través do Club de Ciencia e dos Polos Creativos. Mellórase o rendemento académico e a motivación do alumnado a través de metodoloxías como a aprendizaxe baseada en proxectos, a gamificación, a educación ao aire libre, a realidade virtual ou a realidade aumentada.No Colexio CEIP Plurilingüe nº1 o fomento da creatividade e da tecnoloxía van da man para conseguir o cambio metodolóxico, que inclúe melloras como a docencia compartida, as parellas pedagóxicas e o traballo por ámbitos que redundan en beneficio de todo o alumnado. Estas transformacións permitiron levar a cabo o III Congreso Educativo EducODS#2030, proxecto innovador do que forma parte toda a comunidade educativa. O CPI Plurilingüe Virxe da Cela fíxose co terceiro premio polo proxecto de centro MonferoSolidario, que ten o obxectivo de mellorar a calidade educativa e dar resposta ás necesidades identificadas polo claustro. As actuación abarcan ámbitos de organización, de mellora das competencias lingüísticas, matemáticas e dixitais, e traballan aspectos emocionais e hábitos de vida saudable e desenvolvemento sostible, entre outras.No Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira, o traballo en equipo e a formación do profesorado constitúen o motor necesario para emprender un cambio no centro cara a unha metodoloxía inclusiva, respectuosa co medio e coa infancia. Durante os últimos cursos puxéronse en marcha pedagoxías activas (consello de nen@s, comisión de patios) e manipulativas que favorecen unha aprendizaxe competencial. Partindo da súa localización no interior dun mosteiro, o Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro desenvolve o proxecto Arredor do Mosteiro que xira en torno a posta en valor do patrimonio, a optimización dos espazos, proxectos sobre temas transversais que parten da realidade de Celanova e apertura do centro á contorna con diferentes actividades como charlas, concertos ou obradoiros.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo Fin de Semana

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Escuchar