• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta presenta ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo o proxecto para reducir o risco de inundacións en Xunqueira e ofrécese a financiar o 60 % das obras

A Xunta presenta ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo o proxecto para reducir o risco de inundacións en Xunqueira e ofrécese a financiar o 60 % das obras

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 05:20

As actuacións previstas no proxecto supoñen un investimento de 984.000 ? e teñen un prazo de execución de 8 meses

A Xunta traslada a súa disposición de achegar o financiamento maioritario, 600.000 ?, debendo o Concello e a Deputación asumir o importe restante

Augas de Galicia eleva a súa implicación nesta actuación, que inicialmente se prevía custear a partes iguais entre as tres administracións, achegando cada unha 1/3

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024 A Xunta de Galicia presentoulle hoxe ao Concello de Viveiro e á Deputación Provincial de Lugo o proxecto construtivo das actuacións encamiñadas a reducir o risco de inundación no núcleo de Xunqueira e trasladou a súa disposición a financiar as obras nun 60 %. A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, mantivo esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e coa deputada provincial Pilar García, co obxectivo de expoñer o contido do proxecto elaborado pola Xunta e cofinanciado polas tres administracións.Na xuntanza, os técnicos de Augas de Galicia explicaron os detalles construtivos das solucións previstas nos distintos puntos da zona co obxectivo de reducir o risco de inundacións en Xunqueira como consecuencia do río Fontecova, procurando, en todos os casos, incrementar a súa capacidade hidráulica.A redacción dese proxecto desenvolve o convenio asinado por Augas de Galicia, o Concello de Viveiro e a Deputación Provincial de Lugo para cofinanciar a elaboración dun proxecto sobre as actuacións necesarias para minorar o risco de inundación asociado ao río Fontecova, identificada como unha área de risco de especial potencial significativo. Antes de iniciar a redacción do proxecto, Augas de Galicia elaborou un plan específico para a xestión do risco nese ámbito, no que se analizaron todos os condicionantes existentes na zona e se cuantificou o perigo de enchente asociado aos diferentes escenarios de chuvia posibles. A partir de aí, sinaláronse medidas para reducir ese risco, tanto no plano da prevención e da preparación como de protección, o que require intervencións estruturais.Foi ese estudo previo o que permitiu analizar os diferentes tipos de solución construtiva para cada un dos eidos nos que se determinou necesario actuar, tendo en conta na avaliación criterios de eficacia, eficiencia e socioambientais.A través do proxecto elaborado por Augas de Galicia e cofinanciado polas outras dúas administracións, deuse un paso máis, coa definición a nivel construtivo desas medidas estruturais necesarias que hoxe se presentaron en Viveiro. O proxecto presentado ten un orzamento total de 984.000 ? e un prazo de execución de 8 meses.Na xuntanza de hoxe, a directora de Augas de Galicia trasladou a disposición da Xunta de achegar o financiamento maioritario das obras 600.000 ?, de forma que o Concello e a Deputación Provincial deberán asumir o importe restante.A Administración autonómica eleva así de forma considerable a súa implicación co impulso desta actuación, que inicialmente estaba previsto custear a partes iguais entre as tres administracións, achegando un terzo cada unha, seguindo o mesmo esquema acordado para financiar a redacción do proxecto.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar