• Lunes, 15 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta participa na inauguración da exposición fotográfica que presenta no Paseo das Avenidas de Vigo os resultados do Programa Pleamar

A Xunta participa na inauguración da exposición fotográfica que presenta no Paseo das Avenidas de Vigo os resultados do Programa Pleamar

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:35

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, e a directora–xerente do Cetmar, Paloma Rueda, percorreron a mostra organizada pola Fundación Biodiversidad coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Vigo, 27 de febreiro de 2024 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a directora do Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar, Paloma Rueda, asistiron este martes á inauguración da exposición fotográfica na que se amosan os resultados do Programa Pleamar. Acompañadas pola subdirectora para a Transición Verde da Fundación Biodiversidad, Sonia Castañeda, e polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, as representantes autonómicas realizaron un percorrido pola mostra organizada pola fundación coa colaboración do Porto de Vigo.A exposición “Sete anos de proxectos para impulsar a sustentabilidade da pesca e acuicultura” ofrece un percorrido fotográfico que mostra os principais resultados dos proxectos do Programa Pleamar correspondentes ao período 2014–2020, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e cuxa itineración está cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).Esta mostra, que se sitúa no Paseo das Avenidas de Vigo, pretende achegar á cidadanía os importantes resultados e avances realizados en materia de preservación dos ecosistemas mariños e de impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, grazas ao cofinanciamento dos Fondos Europeos. Durante a xornada presentouse tamén o novo Programa Empleaverde+ e a súa convocatoria de subvencións para a adquisición ou mellora de competencias para a transición ecolóxica, cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), dotada con ata 30 millóns de euros, que se publicará proximamente e apoiará proxectos de capacitación que dean resposta aos retos e oportunidades vinculados a esta transición. Finalmente, celebrouse a mesa redonda “Fomento e impulso da capacitación para a transición ecolóxica na economía azul: o Programa Pleamar e o Programa Empleaverde”, onde representantes de proxectos apoiados en anteriores convocatorias, como a Autoridade Portuaria de Vigo, puideron expoñer resultados e analizar as sinerxias entre proxectos de ambas convocatorias para fomentar a capacitación para impulsar a sustentabilidade da pesca e a acuicultura no ámbito da economía azul sostible.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar