• Jueves, 22 de febrero 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta leva a programación do Outono Xove á Mariña Lucense

A Xunta leva a programación do Outono Xove á Mariña Lucense

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:25

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe cos participantes nestas propostas, que teñen lugar no campamento de A Devesa (Ribadeo) e no albergue xuvenil de Area (Viveiro)

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe coas mozas e mozos que participan no programa de actividades Outono Xove da Xunta de Galicia que teñen lugar na Mariña Lucense.Cristina Pichel explicou que o obxectivo do Outono Xove, que este ano está a celebrar a súa terceira edición, é que a xuventude dispoña dunha ampla oferta de ocio formativo tamén durante esta época do ano. Esta iniciativa desenvólvese en oito albergues xuvenís da nosa comunidade. A proposta ‘No corazón da Mariña’ reúne aos seus participantes no campamento de A Devesa (Ribadeo) e inclúe espeleoturismo na Cova do Rei Cintolo, rutas ambientais, observacións astronómicas, ou visitas ao Museo do Mar de San Cibrao e á praia das Catedrais, entre outras actividades. No albergue xuvenil de Area (Viveiro) desenvólvese a proposta denominada ‘Desconectados II’, que inclúe roteiros de interpretación histórico?ambiental, accións de carácter social na contorna, sesión predeportiva e de team bulding na praia de Area con material de padle surf ou obradoiros artísticos, entre outras actividades.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar