• Lunes, 15 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta leva meses traballando nas vías de axudas para o marisqueo dotadas con 15 millóns de euros e nas que o FEMPA xa lle abriu a porta aos profesionáis a pé

A Xunta leva meses traballando nas vías de axudas para o marisqueo dotadas con 15 millóns de euros e nas que o FEMPA xa lle abriu a porta aos profesionáis a pé

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 03:15

O director xeral de Pesca mostra sorpresa polo descoñecemento que amosou o BNG na Eurocámara sobre o marco de apoio comunitario que leva publicado un ano e medio e recorda que o grupo dos Verdes onde se integran pretendía negar este apoio ao sector durante o marco excepcional pola pandemia

Antonio Basanta que as confrarías coñecen desde hai case tres semanas o borrador das axudas para a parada temporal que se artella coa base deste fondo e que ten como beneficiarias ás persoas que se dedican ao marisqueo a pé

Recorda que os fondos postos a disposición dos afectados multiplican por dez os 1,5 millóns de euros aos que limitou o seu apoio o bipartito tras os incendios de 2006 aos que seguiron riadas de lodos e cinzas que causaron altísima mortaldade nas rías

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024 A Xunta de Galicia leva meses traballando para mobilizar o máximo volume de recursos posible en favor do sector do marisqueo galego, poñendo a disposición do sector fondos por valor de 15 millóns de euros que van desde as axudas directas e extraordinarias para os profesionais a pé e a frote afectados pola mortaldade dos moluscos bivalvos despois dos episodios de choivas torrenciais do pasado outono, tamén para as confrarías e resto de organizacións representativas e na orde para a parada temporal que se financiará co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa). Así o sinalou o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, despois de que no Parlamento Europeo o comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginius Sinkevicius, respondese á unha pregunta da eurodiputada do BNG, Ana Miranda, que o sector marisqueiro pode acceder ao Fempa na súa calidade de “pescadores a pé” e contar con medios para “xestionar os riscos e responder a acontecementos adversos”. Por este feito a representante do Bloque demandou medidas urxentes para aproveitar eses fondos, e o director xeral lembrou que esta posibilidade leva dous meses sendo analizada pola mesa artellada coas federacións de confrarías, e mesmo as entidades representativas do marisqueo coñecen desde hai tres semanas o borrador da orde que está xa en tramitación interna na Consellería do Mar.Tamén quixo mostrar a súa sorpresa ante o descoñecemento que amosou a representante do Bloque na Eurocámara sobre este marco de apoio comunitario. Desde a Direccion Xeral lembraron que esta norma leva publicada xa máis dun ano e medio e nela eliminouse a restrición que sí existía no anterior Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, o FEMP, que non permitía este tipo de achegas aos profesionais do marisqueo a pé que agora si que faculta o Fempa. Sobre este punto Antonio Basanta quixo recordar que o grupo onde se integran os nacionalistas galegos no Parlamento Europeo, o dos Verdes, pretendía negar este apoio ao sector durante o marco extraordinario para a pandemia e tiveron que ser contrarrestados polo resto de forzas políticas da Eurocámara, sen que se coñexese ningunha iniciativa neste senso nin do BNG nin de Bildu, grupo que naquel momento representaba a súa coalición electoral na Cámara comunitaria.Tamén quixo defender a contía disposta en axudas para os afectados polo golpe á actividade marisqueira, pois non se trata de esmolas, están postos enriba da mesa preto de 15 millóns de euros, unha contía inédita ante crisis anteriores.Recordou a do ano 2006, na etapa de Goberno autonómico do bipartito. Entón produciuse unha das maiores vagas de lume que ten sufrido Galicia, que non foi quen de atallar de forma efectiva unha Consellería de Medio Rural entón xestionada polo BNG. A pesar de ter dous meses para traballar ata que chegaron as choivas, non se actuou e estas propiciaron riadas de lodos de cinzas que acabaron causando unha altísima mortaldade nos bancos marisqueiros de varias rías galegas. Entón mobilizáronse tan so 1,5 millóns de euros, a décima parte dos recursos comprometidos polo actual Goberno autonómico. Desde finais do outono do ano pasado a Consellería do Mar traballa para maximizar o apoio ao sector marisqueiro ante unha situación crítica. De aí que se buscase implicar ao Goberno central coa solicitude o pasado decembro da declaración de zona catastrófica, o que abriría a porta a axudas para resarcir as perdas e apoios a empresas e traballadores como a exención de cotas á Seguridade Social e xa se utilizou en outras zonas de España. Unha petición da que segue sen haber resposta por parte do Estado.Por este motivo se deu o paso para suplir esta posibilidade non atendida desde Madrid e elevouse ao ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que traslade á Comisión Europea a petición de que emita unha decisión de execución que recoñeza a existencia dun acontecemento excepcional cunha profunda perturbación dos mercados que abriría a porta a que aplicar o marco de apoio económico recollido no Fempa ante estes supostos, permitindo financiar con cargo ás axudas europeas compensacións aos operadores do sector pesqueiro e do sector da acuicultura por lucro cesante ou costes adicionais. Estenderíase o apoio, por tanto, ao conxunto da cadea mar–industria afectado polo episodio que disparou a mortaldade dos bivalvos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar