• Jueves, 09 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e InvestiGal organizan o I Foro de Investigación Galega no Estranxeiro

A Xunta e InvestiGal organizan o I Foro de Investigación Galega no Estranxeiro

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 18:15

O encontro, que se celebrará os vindeiros 8 e 9 de marzo en Bruxelas, ten como obxectivo intercambiar ideas e establecer relacións entre o persoal investigador galego no estranxeiro e o afincado en Galicia co fin de reforzar vínculos co ecosistema galego de I+D+i para animalo a que desenvolva a súa carreira profesional de excelencia en Galicia ou vinculada a ela

A Axencia Galega de Innovación aproveitou a xuntanza coa asociación para presentarlle o texto definitivo do decreto que regula a carreira investigadora na Administración pública galega, recentemente aprobado polo Consello da Xunta

Santiago, 29 de xaneiro de 2024A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, reuniuse esta mañá con representantes da asociación InvestiGal: Rede Galega pola Investigación, que reúne a máis de 540 persoas asociadas. Na xuntanza coordinaron a celebración do I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, que se celebrará os vindeiros 8 e 9 de marzo en Bruxelas, co obxectivo de converterse no punto de encontro do colectivo de persoas investigadoras galegas no estranxeiro, e expúxose o texto definitivo do decreto que regula a carreira investigadora do persoal ao servizo da Administración galega, aprobado no Consello da Xunta do pasado 11 de xaneiro.O I Foro de Investigación Galega no Estranxeiro, organizado conxuntamente pola Xunta e InvestiGal e enmarcado no Programa de Talento do Goberno galego, persegue establecer un punto de referencia que permita intercambiar ideas e establecer relacións entre o persoal investigador no estranxeiro e o afincado en Galicia; dar a coñecer a investigación que está a realizar este colectivo e manter o seu contacto con Galicia co obxectivo de que desenvolvan unha traxectoria de excelencia na nosa Comunidade. Así mesmo, servirá para dar a coñecer o ecosistema galego de I+D+i, representado pola Xunta e as tres universidades galegas, e visibilizar as oportunidades de retorno de talento á nosa Comunidade.A Xunta aproveitou o encontro para informar á asociación do texto definitivo do decreto que regulará a organización, promoción e carreira profesional do persoal de investigación ao servizo dos organismos de investigación da administración autonómica. A norma, que ofrece un marco laboral estable e atractivo para este colectivo, mellorando e homoxeneizando as condicións destes profesionais e creando unha senda de desenvolvemento profesional para o persoal de investigación, aspira a contribuír a captar talento investigador na nosa Comunidade. O decreto regula a xestión e organización do persoal, tanto investigador como técnico, de todos os centros e estruturas de investigación propios, incluídos os centros de investigación sanitaria e atende todas as etapas da actividade investigadora. Así mesmo, regula a mobilidade para mellorar a formación do persoal de investigación e facilitar a súa actividade en axentes públicos e privados do Sistema de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.Co obxectivo de impulsar unha investigación de excelencia en Galicia, o decreto tamén establece un complemento retributivo en función dos fondos captados polo persoal de investigación en convocatorias competitivas. Por último, favorece a cooperación entre o tecido investigador e o tecido empresarial e facilita o desenvolvemento de actividades empresariais por parte do persoal de investigación. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE