• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta impulsa en Baiona a formación especializada para artesáns nos Días Europeos da Artesanía

A Xunta impulsa en Baiona a formación especializada para artesáns nos Días Europeos da Artesanía

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:02

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou o curso de “Conformado de sombreiros de feltro”, impartido por Nina Paulowsky en Espacio Hylica

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta semana en Baiona o desenvolvemento do curso de “Conformado de sombreiros de feltro”, impartido por Nina Paulowsky, mestra sombreireira e presidenta da Asociación Española de Sombreirería. A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación continúa así, no marco dos Días Europeos da Artesanía, co seu programa de formación especializada dirixido a obradoiros que forman parte da marca Artesanía de Galicia, co obxectivo de consolidar a súa profesionalización e incrementar a súa competitividade. Este curso, no que participaron dez artesáns, estivo enfocado á creación de sombreiros en feltros a través de moldes, diferentes aprestos, adornos e remates. Con esta actividade formativa péchase o proxecto Menestralía, impulsado por Espacio Hylica durante todo o mes de marzo para divulgar os oficios vinculados ao traballo coa la, e que contou coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia. Os Días Europeos da Artesanía son unha iniciativa promovida en España pola Escuela de Organización Industrial (EOI) e pola súa área de promoción da artesanía, Fundesarte, no que a Xunta de Galicia colabora por décimo primeiro ano consecutivo. A Fundación Artesanía de Galicia foi de novo a encargada de coordinar o programa de actividades na Comunidade, no que participan máis de 50 obradoiros de Artesanía de Galicia e outras entidades asociativas e centros de divulgación da artesanía.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar