• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta ve na futura plataforma de eólica mariña unha boa oportunidade para probar a compatibilidade das enerxías renovables coa actividade marítimo-pesqueira

A Xunta ve na futura plataforma de eólica mariña unha boa oportunidade para probar a compatibilidade das enerxías renovables coa actividade marítimo-pesqueira

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:55

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta tarde nunha reunión do Observatorio da Eólica Mariña

A plataforma poderá comezar a súa tramitación unha vez asinado o acordo entre a Xunta, a Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica de España

É preciso que o Goberno central axilice a aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) co obxectivo de coñecer as zonas delimitadas para a implantación destas enerxías

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta tarde nunha reunión do Observatorio da Eólica Mariña, na que avaliaron o proxecto da plataforma experimental. Tal e como subliñou Conde, este proxecto suporá unha grande oportunidade para Galicia, que ademais está aliñado coa promoción da compatibilidade desta tecnoloxía renovable coas actividades existentes como a marítimo pesqueira. Precisamente, na xuntanza deste órgano de consulta, incidiuse na prioridade que supón para a Xunta garantir o impulso desta tecnoloxía desde o respecto, o equilibrio e a compatibilidade coas actividades pesqueiras e a preservación do ecosistema mariño. Por iso, búscase avanzar da man do sector da industria, do marítimo pesqueiro e das entidades vinculadas con representación no observatorio.Unha vez asinado o acordo coa Autoridade Portuaria e Rede Eléctrica, a Administración galega poderá comezar a tramitación desta infraestrutura singular de ensaios na que se prevé investir 12M?. A plataforma constaría de dous ou tres aeroxeradores cunha potencia de 30MW e localizaríase a 10 quilómetros do porto exterior da Coruña co obxectivo de probar prototipos flotantes e facer estudos do medio mariño.A principal diferenza con outros modelos que se están desenvolvendo noutras comunidades españolas é que Galicia conta con máis recurso eólico e que vai estar especializada unicamente en eólica offshore. Isto permitirá xerar coñecemento para un adecuado desenvolvemento desta enerxía mariña. Neste sentido, Conde lembrou que é preciso axilizar, por parte do Goberno central, a aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) co obxectivo de coñecer as zonas delimitadas para a implantación destas enerxías. Pola súa banda, a conselleira do Mar incidiu na circunstancia de que esta plataforma sexa experimental, o que permitirá coñecer máis datos e circunstancias sobre a compatibilidade das novas enerxías e a actividade marítimo–pesqueira. Así mesmo, Rosa Quintana apuntou á necesidade de poñer en marcha esta iniciativa nestes momentos para optar tanto ás axudas para proxectos piloto, plataformas de ensaio e infraestruturas portuarias para as renovables mariñas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, como aos fondos do Perte de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar