• Lunes, 15 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta elimina un punto de vertido nunha instalación do concello de Santiso

A Xunta elimina un punto de vertido nunha instalación do concello de Santiso

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:20

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o vertido nunha inspección rutineira de seguimento

Os inspectores localizaron a orixe nun derrame de aceites no interior dunha instalación que se canalizaba ao exterior cara ao río Furelos

Augas de Galicia dispuxo barreiras de contención e material absorbente para conter do vertido, ao tempo que lle requiriu aos responsables a adopción das medidas correctoras oportunas

Os técnicos da Xunta verificaron recentemente o cese do vertido e da contaminación

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2024A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido procedente dunha instalación situada no concello de Santiso.Esta achega irregular detectouse no marco das tarefas rutineiras de inspección que o persoal do Programa de Control de vertidos de Augas de Galicia leva a cabo na atención de alertas de vertido, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia–Costa.Os técnicos da Xunta desprazados á zona localizaron un derrame de aceites no interior dunha instalación do municipio, que se canalizaba por varios puntos ao exterior da nave cara ao río Furelos. Ante a deficiencia observada, o persoal de Augas de Galicia emprendeu as accións necesarias para conter o vertido ao río, procedendo á instalación de barreiras de contención e material absorbente para reter o aceite. Ademais, os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar a achega irregular. Nunha nova inspección á zona, Augas de Galicia verificou o cese do vertido e da contaminación , emendando así o episodio de vertido. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar