• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta edita un libro destinado á divulgación didáctica da mellora e da reprodución apícola co obxectivo de avanzar na consolidación do sector

A Xunta edita un libro destinado á divulgación didáctica da mellora e da reprodución apícola co obxectivo de avanzar na consolidación do sector

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:35

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria editou a obra "Reprodución apícola. Tratado do criador", escrita por Marcos Varela Lorenzo, enxeñeiro técnico agrícola de formación e apicultor e criador de raíñas desde 1982

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de editar o libro “Reprodución apícola. Tratado do criador”. Escrito por Marcos Varela Lorenzo –enxeñeiro técnico agrícola de formación e apicultor e criador de raíñas desde 1982–, busca ser un ensaio técnico destinado á divulgación didáctica da mellora e da reprodución apícola co obxectivo de avanzar na consolidación do sector na nosa comunidade.Coa nova obra, o que se busca é ofrecer ao apicultor ferramentas útiles para criar, seleccionar, propagar e potenciar a xenética máis sobresaínte das súas abellas. Deste xeito, a Axencia prevé empregar o libro como unha guía técnica, funcional, clara e concisa nos seus cursos de formación relacionados co sector, máis alá de que sirva tamén de referencia para as persoas que queiran iniciarse ou consolidarse na cría de abellas. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria ten entre as súas funcións –a través da Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria– publicar e divulgar os resultados experimentais e a adopción de diversas innovacións tecnolóxicas en colaboración con outros departamentos ou servizos da Consellería do Medio Rural. Nese cometido se enmarca esta publicación, que trata cuestións como os tipos de abellas, a súa selección e apareamentos, a enxamia, a mellora xenética, a bioloxía para a reprodución, a reprodución controlada, os métodos de cría ou a introdución de raíñas. Normal 0 21 false false false


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar