• Lunes, 20 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta destaca que os Rías Baixas están entre os mellores viños brancos do mundo

A Xunta destaca que os Rías Baixas están entre os mellores viños brancos do mundo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 03:12

José González amosou a súa gratitude aos 5.000 viticultores e 179 adegas que conforman esta denominación de orixe e que “fan posible que Rías Baixas sexa coñecida e recoñecida pola produción de viño de calidade”

Trasladou os seus parabéns polo récord na vendima desta DO, a mellor dos últimos dez anos e que superou os 44 millóns de quilos, o que supón un 22% por riba da media do decenio e un 8% máis en relación coa campaña anterior

Reafirmou o apoio da Xunta a esta denominación con 8,7M ? na última década para o funcionamento do seu consello regulador e para tarefas de control e promoción, así como con políticas activas no territorio, en especial coa Lei de recuperación da terra

A través do seu Plan director 2030, esta denominación de orixe aposta por duplicar o valor da DO a través de máis volume (sen perder calidade), máis internacionalización, máis elaboración de viños premium e máis sustentabilidade e innovación

Normal 0 21 false false false Pontevedra, 9 de outubro de 2023O conselleiro de Medio Rural, José González, destacou hoxe que o viño de Rías Baixas está posicionado nos mellores mercados e que segue por unha senda de “colleita de éxitos” en números e –especialmente– en calidade, ata o punto de que nesta denominación elabórase “un dos mellores viños brancos do mundo”.O titular de Medio Rural, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou na xornada de presentación do Plan director 2030 da denominación de orixe Rías Baixas ás adegas desta DO. Neste acto, puxo en valor o traballo dos homes do viño, que propiciaron un cambio “espectacular” nesta zona de produción e a súa tradición vitivinícola milenaria, que se viu reforzada desde a constitución do Consello Regulador, remarcou. Nesta liña, o conselleiro amosou a súa gratitude aos 5.000 viticultores e 179 adegas que conforman esta DO e que –salientou– “fan posible que Rías Baixas sexa coñecida e recoñecida pola produción de viño de calidade”. Do mesmo xeito, González trasladoulles os seus parabéns por ter logrado un récord na vendima deste ano, que se converteu na mellor colleita do último decenio, superando xa os 44 millóns de quilos, o que supón un 22% por riba da media dos últimos dez anos e un 8% máis en relación coa campaña anterior.Neste contexto, o conselleiro fixo fincapé no apoio da Xunta a esta denominación, que cualificou como “tanxible, fehaciente e constante” e que cuantificou nos 8,7 millóns de euros investidos nos últimos dez anos en concepto de funcionamento, control e promoción. Estes fondos, recalcou, permiten garantir o bo funcionamento deste Consello Regulador.Ademais, José González trasladou que este apoio tamén se manifesta a través de políticas activas no territorio, con especial mención á Lei de recuperación da terra agraria e, dentro dela, aos polígonos agroforestais. A maiores, nesta mesma liña de apoio mencionou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas. En concreto, referiu que se trata dunha planificación destinada a medrar “con sentidiño”, consolidando o sector vitivinícola galego como referente e localizacións –caso das Rías Baixas– como principais destinos turísticos. Algo que, reafirmou, “xa o é na práctica, pero que, ademais, tratamos de impulsar aínda máis”. O Plan director 2030 da denominación de orixe Rías Baixas partiu dunha serie de entrevistas e enquisas a expertos, adegueiros e consumidores para elaborar unha folla de ruta sobre canto, onde e como debe crecer esta DO, na súa condición de produtora dun viño de referencia nacional e internacional. Así, entre as principais conclusións deste plan, apóstase por máis volume (sen perder calidade), máis internacionalización, máis elaboración de viños premium e máis sustentabilidade e innovación, coa vista posta en duplicar o valor da denominación, compartindo algúns fins coa futura Lei da calidade alimentaria, que se atopa actualmente en trámites no Parlamento. En particular, márcase como obxectivo concreto o de incrementar nun 50% as exportacións ao mercado norteamericano e británico e aumentar en cinco millóns de litros as vendas no mercado nacional.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar