Xunta de Galicia

A Xunta conmemora o Día da Árbore cunha plantación de especies autóctonas con cativos na Escola Unitaria de Lamas, en Moraña

A Xunta conmemora o Día da Árbore cunha plantación de especies autóctonas con cativos na Escola Unitaria de Lamas, en Moraña

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde de Moraña, José Cela, asistiu a este acto, que consistiu na colocación, en colaboración cos 12 alumnos, dun pradairo e unha faia no patio deste centro educativo público

“É fundamental lembrar constantemente a importancia dos bosques, especialmente aos máis pequenos posto que son o futuro, xa que controlan a erosión do solo, evitan inundacións e reducen a contaminación”, explicou o representante autonómico

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, conmemorou hoxe o Día da Árbore, que se celebra cada ano o 21 de marzo, cunha plantación de especies autóctonas con cativos no patio da Escola de Educación Infantil (EEI) de Lamas, no Concello de Moraña.O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde de Moraña, José Cela; do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo; e doutros representantes municipais; asistiu esta mañá a este acto, que consistiu na colocación dun pradairo e unha faia, dúas especies frondosas de gran tamaño, na zona exterior desta escola unitaria.Este acto simbólico contou coa participación da mestra e das 12 alumnas e alumnos deste centro educativo público emprazado no lugar do Souto.“É fundamental lembrar constantemente a importancia que teñen os bosques, xa que controlan a erosión do solo, evitan inundacións e reducen a contaminación posto que consumen dióxido de carbono da atmósfera durante o seu crecemento e reducen o efecto invernadoiro, polo que dende a Xunta temos un gran compromiso coa súa preservación, conservación e impulso para coidar a nosa natureza, o noso medio ambiente e os nosos ecosistemas”, explicou o representante autonómico.Luis López engadiu que actos coma o de hoxe en Moraña teñen unha gran importancia, “xa que máis alá das grandes iniciativas que impulsamos dende a Xunta para potenciar a nosa riqueza forestal, estas pequenas accións simbólicas coas nenas e nenos serven de moito para a súa concienciación e nas súas mans está o futuro de Galicia”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

Temas relacionados

Programas

Últimos audios

Último boletín

04:00H | 18 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking