• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta avanza na posta en marcha da concentración parcelaria de San Xoán de Deoane da Pregación, no concello de Friol, que reorganizará 383 hectáreas

A Xunta avanza na posta en marcha da concentración parcelaria de San Xoán de Deoane da Pregación, no concello de Friol, que reorganizará 383 hectáreas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:10

O investimento deste proceso supera os 88.000 euros, co cal se elaborou o estudo de impacto ambiental, planos, preparación de bases e o Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria (Popeva), así como a redacción do proxecto de camiños

Na xuntanza de hoxe presentouse a enquisa de bases, na que se lles entregará aos propietarios o boletín individual da propiedade e poderán formular as alegacións que estimen oportunas durante o prazo dun mes

Dende o ano 2020, o Goberno autonómico rematou un total de 32 concentracións parcelarias, que abarcan unha superficie total de máis de 21.700 hectáreas, beneficiando algo máis de 17.300 propietarios, e decretou outras 29

Estas figuras de reorganización do territorio contribúen a paliar o minifundismo existente na nosa comunidade dende o punto de vista da estrutura da propiedade

Friol (Lugo), 28 de febreiro de 2024 O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha reunión cos veciños deste municipio lucense para abordar cuestións vencelladas co desenvolvemento da concentración parcelaria de San Xoán de Seoane da Pregación, situada nesta localidade. Esta iniciativa suporá a reorganización de case 383 hectáreas, distribuídas actualmente en 533 parcelas de 71 propietarios.O investimento total realizado ata o de agora neste proceso supera os 88.000 euros, co cal se levou a cabo a investigación da propiedade e se se elaborou o estudo de impacto ambiental, planos, preparación de bases e o Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria (Popeva), así como a redacción do proxecto de camiños. Tal e como indicou José González, o proceso avanza de xeito favorable e actualmente se atopa na elaboración da fase de bases de reestruturación parcelaria. Na xuntanza de hoxe presentouse a enquisa de bases, na que se lles entregará aos propietarios o boletín individual da propiedade e poderán formular as alegacións que estimen oportunas durante o prazo dun mes. Os planos correspondentes estarán expostos nos lugares de costume da parroquia, no Concello e na páxina web da Consellería do Medio Rural.Cómpre salientar que, no conxunto do territorio de Friol, xa se remataron outras tres parcelarias, que supuxeron en total a mobilización de 945 hectáreas, beneficiando 128 propietarios. Xunto coas parcelarias, destacan as permutas de especial interese agrario, unha figura contemplada na Lei de recuperación da terra agraria, que permitiron a posta en valor doutras 400 hectáreas nesta localidade lucense. Ademais, estas permutas serviron de referencia para avaliar a idoneidade da súa implantación noutras zonas de Galicia, que suporán a mobilización doutras case mil hectáreas ao longo de toda a comunidade. Este tipo de procesos de reorganización do territorio contribúen a paliar o minifundismo existente na nosa comunidade dende o punto de vista da estrutura da propiedade, sinalou o titular do Medio Rural en funcións. As novas concentracións parcelarias teñen unha concepción moderna da mellora das estruturas, orientadas a favorecer o desenvolvemento económico das explotacións, xa que permiten aumentar a base territorial das granxas e reducir considerablemente os seus custos de produción.Así, dende o ano 2020, a Xunta rematou un total de 32 concentracións parcelarias. Procesos que, segundo afirmou José González, abarcan unha superficie total de máis de 21.700 hectáreas, beneficiando algo máis de 17.300 propietarios que recibiron case 36.700 títulos de propiedade. Ademais, dende o ano 2009 o Goberno galego leva investido un total de 123,7 millóns de euros para avanzar nesta materia. Neste sentido, decretáronse 29 novas parcelarias dende o ano 2021, que abarcan case 24.000 hectáreas de superficie e máis de 111.500 parcelas de máis de 16.300 titulares. A maiores, neste ano 2024 destinamos 24 millóns de euros para avanzar os procesos de concentración parcelaria, un 41% máis que no 2023.Xunto coas concentracións parcelarias públicas reguladas na Metaga, na lei de recuperación da terra agraria, que entrou en vigor en maio de 2021, apóstase por mecanismos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados na explotación das terras.Neste contexto, destacan os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta, as aldeas modelo ou as nomeadas permutas de especial interese agrario. Con todas estas ferramentas, a Xunta puxo en valor arredor de 35.000 hectáreas en toda Galicia. Normal 0 21 false false false


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar