• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Un total de 135.154 galegos menores de 21 anos teñen a tarxeta xente nova, coa que realizaron o pasado ano 5 millóns de viaxes gratis nos autobuses autonómicos

Un total de 135.154 galegos menores de 21 anos teñen a tarxeta xente nova, coa que realizaron o pasado ano 5 millóns de viaxes gratis nos autobuses autonómicos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:20

Vázquez Mourelle subliña que se pechou o exercicio pasado coa cifra máis alta de bonificacións desde a posta en marcha da tarxeta, sumando máis de 6,3 M?


Remarca que o ano pasado tamén se acadou unha cifra récord de viaxes con este dispositivo, 616.159 só no mes de novembro

Pon en valor o aforro económico para os mozos que empregan esta tarxeta e para as súas familias, que poden roldar os 2.000? ao ano

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023 Un total de 135.154 galegos menores de 21 anos dispoñen da tarxeta Xente Nova, coa que o pasado ano 2022 realizaron 5 millóns de viaxes gratis nos autobuses interurbanos, de competencia autonómica. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde subliñou que se pechou o exercicio pasado coa cifra máis alta de bonificacións desde a posta en marcha desta iniciativa social, sumando máis de 6,3 M?. Remarcou que o ano pasado tamén se acadou unha cifra récord de viaxes con este dispositivo, 616.159 só no mes de novembro.Detallou que, grazas á tarxeta Xente Nova da Xunta, o número de viaxes no autobús interurbano medrou un 62% con respecto ao ano 2021.Fixo fincapé en que esta iniciativa está a cumprir os seus obxectivos para os que foi concibida, que son fomentar o uso do transporte público entre os mozos, potenciar a mobilidade sustentable e axudar ás familias a reducir gastos. Ethel Vázquez tamén puxo en valor o aforro económico que están a experimentar os usuarios da tarxeta e as súas familias, que poden roldar os 2.000 euros ao ano. Así, puxo como exemplo un rapaz de Monforte que vaia a estudar a Lugo cada día durante o curso, que aforrará preto de 1.700? ao ano empregando a tarxeta Xente Nova da Xunta. Avanzou que o Goberno galego está a traballar para que os usuarios poidan levar a tarxeta directamente no teléfono móbil, o que lles permitirá esquecerse das recargas. Enmarcou esta medida na aposta da Xunta polo transporte público, ao que destina este ano un orzamento de 90 M?, dos que 7,2 M? se dirixen a cubrir as bonificacións derivadas do emprego da tarxeta Xente Nova.Novamente, a conselleira convidou aos concellos que teñen servizo de transporte urbano a implantar nos autobuses urbanos, da súa competencia, unha medida similar á que aplica a Xunta para garantir tamén a gratuidade aos menores de 21 anos nese transporte.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar