• Miércoles, 06 de diciembre 2023
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda destaca a Pepe Domingo Castaño como "un dos nosos" debido ao orgullo co que presumía sempre da súa terra

Rueda destaca a Pepe Domingo Castaño como “un dos nosos” debido ao orgullo co que presumía sempre da súa terra

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:17

Salienta que a súa figura sempre seguirá presente grazas tamén á praza que leva o seu nome desde hai uns meses no casco vello de Padrón

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o orgullo co que falaba Pepe Domingo Castaño de Galicia, presumindo sempre de ser galego e representando a “un dos nosos, un deses bos e xenerosos, porque aínda que non estivera aquí todo o tempo, sempre levaba un cachiño de todos nós e o imos seguir recordando con alegría”, asegurou durante a homenaxe que se organizou esta mañá en Padrón na memoria do xornalista falecido.O titular da Xunta lembrou a última ocasión na que se lle rendeu homenaxe hai uns meses nese mesmo concello co nomeamento dunha praza que leva o seu nome desde entón. “Non se foi, segue aquí e cada vez que alguén veña a este casco vello vaise acordar del”, asegurou, facendo referencia a que o nome de Pepe Domingo Castaño xa forma parte da historia de Padrón ao carón doutros nados nesta localidade como Camilo José Cela ou Rosalía de Castro.Cunha longa traxectoria profesional que o converteu en referente do xornalismo deportivo en España nas últimas décadas, Alfonso Rueda quixo renderlle homenaxe a Castaño facendo alusión ao seu estilo propio. “Igual que Pepe Domingo dicía 'hola, hola' e todo o mundo o recoñecía, témoslle que dicir 'ata sempre, ata sempre Pepe; seguimos contigo alá onde esteas”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar