• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Román Rodríguez pide ao novo ministro de Cultura manter o apoio dos seus antecesores á Ribeira Sacra

Román Rodríguez pide ao novo ministro de Cultura manter o apoio dos seus antecesores á Ribeira Sacra

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:35

O conselleiro de Cultura vén de enviar unha carta a Ernest Urtasun na que expón a importancia da candidatura á Unesco para as provincias de Lugo e Ourense

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, vén de solicitar ao novo ministro de Cultura, Ernest Urtasun, que manteña o apoio do Goberno central á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade como fixeron os seus antecesores no cargo. Consciente de que esta carteira ten experimentado diversos cambios nos últimos anos, cun total de cinco ministros desde 2018, o representante da Xunta de Galicia confía en que, tamén nesta nova etapa, continúe a interlocución entre ambos departamentos logo do intenso traballo desenvolvido ao longo do tempo na procura da declaración. Román Rodríguez remitiu esta mesma semana unha carta de benvida institucional a Ernest Urtasun na que lle informou de diversos asuntos prioritarios para a cultura galega, entre eles a candidatura ante a Ribeira Sacra. “Confiamos e agradecemos anticipadamente que o seu Ministerio continúe apoiando a candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra, un proxecto –afirma o conselleiro na misiva– no que Galicia envorcouse para protexer e valorizar a paisaxe cultural excepcional que conforma”. Cómpre lembrar o firme compromiso da Xunta Galicia coa zona da Ribeira Sacra e a súa postulación para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. De feito, desde o ano 2017, cando comezaron os primeiros traballos da candidatura, o Goberno galego leva investidos 7,2 M? para recuperar, mellorar, estudar, rehabilitar e garantir a conservación e posta en valor de 44 bens patrimoniais das provincias de Lugo e Ourense. Este outono, reactivouse o labor de difusión pública, afondando tamén no traballo científico para fornecer a candidatura, a través dun congreso internacional celebrado no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil cunha trintena de expertos internacionais.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar