• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Nodo CIBER.gal consolida en Galicia un ecosistema de ciberseguridade que integra ás administracións, empresas, universidades e institucións de referencia

O Nodo CIBER.gal consolida en Galicia un ecosistema de ciberseguridade que integra ás administracións, empresas, universidades e institucións de referencia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:10

A Memoria anual correspondente a 2023 destaca a incorporación de 10 novas grandes empresas e a organización e coordinación de actividades de concienciación, capacitación, fomento do talento, servizos de ciberseguridade a administracións públicas e impulso do sector TIC

A campaña de sensibilización en ciberseguridade #CiberEsther tivo máis de 4 millóns de visualizacións e máis de 10.000 escolares participaron en actividades de concienciación

Entre as liñas de traballo para 2024 destaca o inicio do proxecto RETECH: “Centro de innovación e competencias en ciberseguridade no transporte intelixente“

Santiago, 28 de febreiro de 2024O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal consolidouse en 2023 como espazo de referencia para o ecosistema galego da seguridade de información, coa incorporación de 10 grandes empresas e a realización ou participación en todo tipo de iniciativas de concienciación, promoción do talento e do coñecemento e prestación de servizos. Na actualidade, son xa máis de 50 as administracións, universidades, empresas e institucións que forman parte deste modelo de colaboración creado en 2020.Os responsables de CIBER.gal presentaron recentemente, ante a Asemblea do Nodo, a Memoria correspondente a súa actividade no 2023. O documento destaca actividades de concienciación e capacitación dirixidas á cidadanía, ás administracións públicas ou ao tecido empresarial. Entre elas, atópase a celebración do III Encontro CIBER.gal, que reuniu en Santiago a algúns dos principais expertos nacionais en ciberseguridade; e o desenvolvemento do Curso Superior de Ciberseguridade Entre as campañas dirixidas á cidadanía, a memoria destaca as máis de 4 millóns de visualizacións que tiveron os vídeos de #CiberEsther; os máis de 6.600 escolares que participaron no concurso ‘Ciberseguridade no cole!’, ou os case 4.000 participantes nas iniciativas de concienciación e formación en ciberseguridade nos colexios.A Memoria tamén destaca que, en 2023, deseñouse e púxose en marcha o novo espazo web do Nodo CIBER.gal, así como a web ciberseguridadegalicia.gal, que concentra toda a información e recursos de Galicia nesta materia. O Nodo participou tamén na elaboración da Estratexia Galega de Ciberseguridade e formalizou colaboracións con organizacións internacionais como a Global Cybersecurity Alliance.Entre a actividade de 2023, a Memoria destaca o fomento do talento a través da participación ou implicación en iniciativas como os servizos de ciberseguridade para entidades locais; ou a sinatura do convenio entre o INCIBE e as tres comunidades participantes –Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana– no proxecto do Centro de Innovación en Competencia en Ciberseguridade. Precisamente, o desenvolvemento deste convenio figura entre as principais liñas de traballo para este ano. Así, a Memoria destaca a próxima creación en Galicia deste centro, centrado no transporte intelixente. Esta actuación conta cun financiamento público e privado de máis de 19 millóns de euros e forma parte do programa RETECH, no que tamén participan Cataluña e a Comunidade Valenciana. Normal 0 21 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar