• Jueves, 20 de junio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Máis de 3000 persoas gozaron dos cinco espectáculos galegos que viaxaron a Colombia grazas ao acordo da Xunta cos festivais de Manizales e Medellín

Máis de 3000 persoas gozaron dos cinco espectáculos galegos que viaxaron a Colombia grazas ao acordo da Xunta cos festivais de Manizales e Medellín

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 21:57

Ademais do público que seguiu as montaxes galegas nos teatros, a televisión rexional de Antioquia retransmitiu en directo ‘Orquestra de malabares’, de Pistacatro, como parte do cartel do Comfama San Ignacio de Medellín

Exhibíronse tamén ‘Continente María’ de Ainé Producións, ‘Alma de tigre’ de Elefante Elegante, ‘DeMente’ de Fran Sieira Compañía de Danza e ‘O mel non caduca’ de Ibuprofeno Teatro

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2023As artes escénicas galegas veñen de ser protagonistas en Colombia coa exhibición de cinco espectáculos como parte das carteleiras do Festival Internacional de Teatro de Manizales e do Festival Teatro y Música Comfama San Ignacio de Medellín, que contaron coa colaboración da Xunta de Galicia na coordinación e apoio económico a esta delegación. Máis de 3000 espectadores asistiron ás representacións de Continente María de Ainé Producións, Alma de tigre de Elefante Elegante, DeMente de Fran Sieira Compañía de Danza, O mel non caduca de Ibuprofeno Teatro e Orquestra de malabares de Pistacatro en diferentes espazos de ambas as mostras, cifra á que se suma o público que seguiu a retransmisión en directo desta última montaxe ofrecida desde Medellín pola televisión rexional de Antioquia. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, integrou tamén esta delegación institucional e artística galega en ambos os festivais, onde mantivo diferentes xuntanzas cara a novas colaboracións que incidan na proxección exterior das nosas artes escénicas.Neste sentido reuniuse con programadores de Colombia, así como de Arxentina e Panamá, ademais de co director do festival de Manizales e recoñecido xestor cultural, Octavio Arbeláez; co director e coa responsable de Cultura de Comfama, David Escobar e Paola Andrea Mejía, e coa secretaria de Produtividade e Competitividade de Antioquia, Daniela Trejo Rojas.Xunto a esta última interveu, ademais, no acto promocional das artes escénicas galegas organizado pola Xunta no claustro de San Ignacio, en Medellín, no transcurso do que se puxo en valor o protocolo de irmandamento entre Galicia e o departamento de Antioquia, asinado en marzo de 2022 co fin de estreitar vínculos económicos, culturais e e turísticos entre ambas comunidades. Nesta liña incide precisamente o feito de que Galicia fose a convidada especial no 55º Festival Internacional de Teatro de Manizales, considerado o máis antigo do seu ámbito en Iberoamérica, e na sexta edición do Festival Teatro y Música Comfama San Ignacio de Medellín. A representación galega nestes eventos estendeuse, así mesmo, ao V Congreso Iberoamericano de Teatro, que se celebrou en Manizales de xeito simultáneo á mostra. Nel participou o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, cun relatorio tituladoRetos de futuro dos centros de produción teatral como servizo público para a creación artística, desenvolvemento do territorio e participación da cidadanía, no que se centrou no papel desempeñado neste sentido pola unidade teatral da Xunta de Galicia. Ao tempo, a actividade das compañías incluíu outras accións paralelas, como o obradoiro impartido en Medellín por Gonçalo Guerreiro, de Elefante Elegante, baixo o título Corpo / Espazo / Música / Obxecto. Os participantes tiveron a oportunidade de explorar dun xeito libre, improvisado e experimental a relación plástica con diferentes obxectos expresivos e a organización do espazo teatral e de traballo corporal directamente vinculados ás dinámicas musicais.A colaboración da Xunta con esta destacada representación galega en Colombia supón a acción central do programa de proxección exterior das nosas artes escénicas que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades está a desenvolver este ano e que se enmarca, así mesmo, nun dos eixos do Plan Xeración Cultura. Nesta mesma liña de traballo, sitúanse a convocatoria anual de subvencións á distribución de espectáculos e a dinámica de internacionalización emprendida polo Centro Dramático Galego, que se estende a 13 países a través da implicación da compañía pública en dous proxectos europeos e noutros programas de intercambio, ademais da organización de xiras e a presenza en festivais con producións propias e coproducións.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar