• Martes, 14 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Lete Lasa asegura que o Campionato de España de Xadrez de Sanxenxo dará "xaque mate á pandemia" e desexa o ascenso aos dous equipos galegos

Lete Lasa asegura que o Campionato de España de Xadrez de Sanxenxo dará “xaque mate á pandemia” e desexa o ascenso aos dous equipos galegos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:02

Do 16 ao 23 de setembro, 90 xadrecistas de oito equipos de toda España, entre eles os clubs galegos de Ourense e Sanxenxo, xogaranse no Gran Talaso Hotel dúas prazas o ascenso á División de Honra e dúas de descenso a Segunda División

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España de Primeira División de Xadrez que terá lugar no Salón Silgar do Gran Talaso Hotel de Sanxenxo do 16 ao 23 de setembro. Lete Lasa lembrou o papel importante das nais dos grandes campións mundiais de xadrez, Kárpov e Kaspárov, para apuntar que “o xadrez é un compañeiro ideal para os nosos nenos e nenas, un estímulo que esperta axilidade mental e a óptima condición física dos máis pequenos e que casa a perfección co Plan Galicia Saudable”.Neste sentido lembrou que o xadrez é unha das modalidades da actividade deportiva escolar e federada dentro do programa Xogade que xunta toda a oferta deportiva e lúdica en idade escolar promovida pola Xunta de Galicia e que promove e fomenta a práctica da actividade física na poboación escolar, entre 6 e 16 anos. Os últimos datos, a pesar de vir de dous anos de pandemia, acreditan que o xadrez conta con máis de 3.200 participacións na tempada 2021/2022: 2.203 xadrecistas federados e 1.026 xadrecistas escolares.Segundo Lete Lasa, “eventos como este Campionato de España de Primeira División de Xadrez son o mellor acicate para que estes nenos e nenos sigan apostando polo deporte e que continúen soñando que algún día poderán alcanzar as cotas de éxito dos grandes mestres internacionais que se darán cita esta semana en Sanxenxo”. O mandatario galego asegurou que este Campionato de España é unha razón máis para “dar xaque mate á pandemia” e desexou o ascenso á máxima división nacional aos dous clubs galegos que competirán nel: o Club Deportivo Xadrez Ourense e o Club Xadrez Fontecarmoa Viaxes Interrias Sanxenxo, que xogará na casa.O Campionato de España de Primeira División de Xadrez contará coa participación de oito equipos de todo o país que xuntarán 90 xadrecistas entre os que destacan 17 estranxeiros, 19 Grandes Mestres e 40 Mestres Internacionais. No que atinxe aos xadrecistas galegos –serán un total de 19– o mandatario galego destacou a participación de Iván Salgado, que foi campión de España en 2017. Tamén destacou a presenza dos dous números un españois: Paco Vallejo, que foi campión nacional en cinco ocasións e Sabrina Vega, que se corou como raíña nacional en oito exercicios.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo